Que fago traballando con WordPress?

Asier Epelde - A miña historia

Desde o instituto sempre quixen estudar Historia e así o fixen, polo que fun a Santiago e entre os anos 1996 e 2000 asistín á Facultade de Xeografía e Historia ata licenciarme.

Unha vez rematada a carreira, axiña vin que a miña incorporación ao mercado laboral coa recente licenciatura non sería sinxela: traballei en diferentes empresas como comercial, facendo moita porta fría -sen saber o que era a porta fría-, ao mesmo tempo que comprendín que ía necesitar bastante formación empresarial. Por iso fixen algúns cursos e merquei algúns libros que me axudaron a entender que tiña que facer e cara a onde quería ir.

Cando conseguín o meu primeiro traballo máis ou menos estable, decidín que podería estudar a Diplomatura en Ciencias Empresariais e matriculeime a distancia na UOC. Nesta carreira gocei moito estudando.

Ao mesmo tempo que estudaba, un grupo de amigos con inquietudes sobre a creación dunha economía social creamos a cooperativa Ítaca Software Libre, na que me desenvolvín profesionalmente ata xullo de 2023. Durante máis de 15 anos participei, dun xeito ou doutro, no desenvolvemento de diferentes proxectos vinculados, case todos, ao ecosistema do Software Libre. Nunha primeira etapa o meu desempeño era máis comercial e, na última, máis técnico.

Nos últimos anos cursei un Máster en SEO e posicionamento en internet impartido por Dinorank e estou tamén cursando o Máster en Marketing Dixital na UOC. A formación é un piar importante na miña carreira profesional, xa sexa de forma regrada ou autodidacta.

Actualmente vivo coa miña familia nunha pequena aldea chamada Galegos, no concello de Vedra, preto de Santiago de Compostela.

Visión e valores de engalegosnumero2.com

Máis de 15 anos na Economía Social.

Toda mi carrera profesional ha estado marcada por el vínculo con la economías social y solidaria. Siempre he creído que es posible desarrollar una forma de economía en la que lo primero sea la persona y no el rendimiento o el beneficio. He participado activamente en entidades como Reas Galicia, en las que ponemos encima de la mesa valores como la equidad, la ausencia del lucro como prioridad, transparencia o sostenibilidad.

Traballo para vivir e gozar da miña familia, da miña muller e dos meus fillos, aínda que iso non quere dicir que ás veces teña que dedicar ao meu traballo moitas máis horas das recomendadas. O meu principal obxectivo é compaxinar facer ben o meu traballo e non ser un pai ausente.

Gústame traballar xunto a outras persoas coas que me comunico constantemente, intercambiamos opinións sobre os proxectos e resolvemos dúbidas que nos axudan a avanzar nos nosos obxectivos.

Por último, direi que me gusta o trato próximo, a conexión cos meus clientes e as relacións baseadas na transparencia.


Se cres que che podo ser de axuda, contacta agora comigo.