
Consultor de marketing dixital en Galicia: corazón de consultor e mirada de axencia
«Acompañóte para que o teu negocio consiga resultados reais.»
Asier Epelde Piñeiro
Servizos de marketing dixital, deseño web e SEO
Marketing dixital para pemes e autónomos
Desenvolvo estratexias e plans integrais de marketing dixital para o teu negocio
Plan de marketing desde 1.990 € + IVE
Deseño web con WordPress
Creo e melloro webs con WordPress que traen clientes: deseño á medida, tenda en liña e mantemento.Web para pemes e autónomos desde 900 €

Consultoría dixital de marketing en Galicia para que a túa mensaxe cale fondo
Queres mellorar ou crear a túa imaxe dixital e non sabes por onde é mellor empezar?
Creo e melloro páxinas web para que funcionen: ben tratadas, con posicionamento e visión de negocio
Webs con WordPress para pemes e autónomos galegos, con SEO desde o primeiro día e mantemento despois. Falas sempre con quen fai a túa web.

A túa web non a ve ninguén?
Axúdoche a aparecer en Google e en Google Maps cando os teus clientes buscan o que fas: SEO local, posicionamento web e contidos.
Servizos especializados de deseño web e SEO
Páxinas pensadas para unha cidade, un sector ou unha necesidade concreta: SEO local na Coruña e Santiago, webs para despachos de avogados e ONG, unha web sinxela ou unha web urxente en 48–72 horas.
Deseño web urxente
A túa web publicada en 48–72 horas laborables desde o pagamento, con keyword research e 5 páxinas pensadas para Google.
SEO local na Coruña
Coñezo ben a realidade da Coruña, o seu mercado e os seus barrios. Axúdoche a aparecer en Google e en Maps cando buscan o teu servizo na cidade e na súa área.
SEO en Santiago de Compostela
Estou a un paso de Santiago. Posiciono negocios da cidade e da súa comarca: Milladoiro, Bertamiráns, Teo, Ames ou Vedra.

Deseño web en Santiago de Compostela
Webs WordPress á medida para negocios de Santiago e a súa comarca, con reunión en persoa e trato directo desde Vedra.

Deseño web na Coruña
Webs WordPress á medida para negocios da Coruña e a súa área, con SEO desde o primeiro día e trato directo de principio a fin.
Páxina web sinxela
Unha web de poucas páxinas, clara e rápida, para empezar a aparecer en Google.
Deseño web para avogados
Webs que transmiten confianza e explican cada especialidade do despacho.
Deseño web para ONG e asociacións
Webs para contar o que facedes e sumar socios, voluntarios e apoios.
Son Asier Epelde, consultor de marketing dixital en Galicia
Traballo en tecnoloxía desde 2007 e fago webs desde 2019. Hoxe combino o desenvolvemento con WordPress, o SEO e o marketing dixital para pemes e autónomos de Galicia.
Formeime en disciplinas técnicas, pero tamén en SEO e marketing, para ofrecer páxinas web que respondan a cada obxectivo.
Todas as páxinas deben ter miles de visitas e miles de vendas? Ás veces a páxina web non é a solución para un negocio
Consultor ou axencia de marketing dixital?
Unha axencia
Un equipo, varios interlocutores e unha cota pensada para cubrir a súa estrutura.
Un consultor
Falas sempre coa mesma persoa, que coñece o teu negocio e coordina profesionais de confianza cando o proxecto o pide.
Por iso digo que teño corazón de consultor e mirada de axencia: trato directo e a estratexia completa, da web ao SEO e ás campañas.
Para quen traballo
Traballo con negocios e entidades de Galicia que queren conseguir clientes por internet. Cada sector busca e compra dunha maneira, e a web, o SEO e o plan de marketing adáptanse á túa.
Pemes e autónomos
Negocios que queren conseguir clientes por internet sen montar un departamento de marketing.
Comercios e tendas en liña
Tendas de rúa que queren que as atopen en Google e tendas que venden en internet.
Adegas e hostalaría
Negocios que precisan aparecer en Google e en Google Maps cando alguén busca onde ir.
Clínicas e talleres
Servizos de proximidade: o cliente busca preto da casa e decide pola web e as recensións.
Despachos de avogados
Webs que transmiten confianza e explican cada especialidade. Máis en deseño web para avogados.
Asociacións, cooperativas e ONG
Entidades que precisan contar o que fan e sumar socios ou apoios. Máis en deseño web para ONG e asociacións.
Como imos traballar xuntos?
Entradas do blog
De 57 a 92 en PageSpeed: lo que frenaba mi WordPress (y no era el servidor)
Amigas da Terra: un proyecto Kit Digital
¿Qué buscan los gallegos en Google? Así se diferencian de España en intereses digitales
Descubre cómo aplicar el Kit Digital en tu empresa de forma sencilla
Os meus clientes
Non están todos os que son, pero si son todos os que están. Cada cliente é único e irremprazable para min. Gústame crear relacións próximas e de confianza.
Estas son algunhas opinións reais que deixaron en Google
Preguntas frecuentes sobre consultoría de marketing dixital
Contacta comigo enviando o formulario
Tamén me podes chamar ao 881 35 25 91














