A túa páxina web sinxela e efectiva, lista en poucos días

Sinxela, bonita e pensada para que te contacten.

Fago páxinas web con WordPress dunha soa páxina ou de poucas seccións: quen es, que ofreces e como contactarte, cos textos legais e o SEO de base. Menos complexidade, menos custo e lista en poucos días.

Desde 500 € · Orzamento pechado e por escrito.

Por que crear unha páxina web sinxela?

Unha web sinxela está lista antes, vai ao gran e custa menos. E cando o teu negocio medre, a web pode medrar con el.

Doada de usar

É intuitiva e doada de navegar: quen entra atopa o que busca e non marcha.

Económica

Menos complexidade significa menos custo de desenvolvemento e de mantemento. Ideal para pemes e autónomos.

Carga rápida

As páxinas sinxelas cargan antes, e iso axuda a reter as visitas e a posicionar en Google.

Vai ao gran

Conta o que os teus clientes precisan saber, o que ofreces e o que queres que fagan: chamarte ou escribirche.

páxina web sinxela

Sinxela, pero non de modelo

Que unha web sexa sinxela non quere dicir que sexa igual a todas. Cada unha adáptoa ao teu negocio:

  • Deseño á túa medida: adapto a web á identidade da túa marca e ao teu público.
  • SEO de base: títulos, textos e estrutura para que Google entenda que fas e onde.
  • Lista en poucos días: sen procesos longos. Se unha web completa leva semanas, unha sinxela está nuns días ou, como moito, nunha semana.
  • Preto de ti: traballo desde Vedra (A Coruña), coñezo o mercado galego e falas sempre comigo.

Precísala xa? Mira o deseño web urxente en 48–72 horas.

Que inclúe

Encárgome de todo, desde a idea ata a web publicada:

Deseño e desenvolvemento

Desde a primeira idea ata a web rematada. Se non sabes que poñer, axúdoche a decidilo.

Aloxamento

Un hosting fiable para que a túa web estea sempre dispoñible. Se xa tes o teu, traballo con el.

Dominio e correo

Se o precisas, contrato o teu dominio e configúrote o correo co teu nome, co certificado SSL incluído.

Mantemento

Actualizacións, copias e vixilancia para que a web funcione sempre. Tes iso no mantemento WordPress.

Prezo

Un prezo de partida claro e o orzamento pechado por escrito antes de empezar.

Páxina web sinxela

Desde 500 €

Unha páxina ou poucas seccións, formulario de contacto, textos legais e SEO de base. Lista en poucos días.

Precísala xa?

Web urxente en 48–72 horas

Se tes unha data límite, o deseño web urxente inclúe keyword research e 5 páxinas, publicadas en 48–72 horas laborables desde o pagamento.

Exemplos de páxinas web sinxelas

Webs dunha páxina ou de poucas seccións que cumpren o seu obxectivo. Algúns dos clientes que confiaron en min: a Fundación Alter, a Asociación Bande, Euroriesgo Galicia, Transportes Garea e Perisober.

Asier Epelde

Quen fará a túa web

Son Asier Epelde. Traballo en tecnoloxía desde 2007 e fago webs desde 2019, desde Vedra (A Coruña). Falas sempre comigo, da primeira chamada á publicación.

Fago as webs con WordPress, como moitos grandes portais: aínda que empece sinxela, a túa web pode medrar cando o precises. Máis sobre min.

Opinións dos meus clientes

Son todas recensións reais de Google.

Publicado en Google Google
Rocío Del Río Barquero profile picture
Rocío Del Río Barquero
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Lo único que puedo decir es que Asier es una persona maravillosa y que su calidad humana es difícil de encontrar hoy en día. Gracias por tu tiempo y dedicación.
Publicado en Google Google
Zocaminhoca Consumo Consciente Coruña profile picture
Zocaminhoca Consumo Consciente Coruña
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Estamos moi contentas co seu servizo.
Publicado en Google Google
ALTERAUDIO FUNDACION ALTER profile picture
ALTERAUDIO FUNDACION ALTER
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Estamos satisfechos con el resultado final y con el proceso de evolución de cómo fue el trabajo realizado. Todo suma. Desde el minuto cero... al objetivo conseguido. Gracias.
Publicado en Google Google
J. Ignacio Cru profile picture
J. Ignacio Cru
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Muy profesional en todo momento, con un servicio y atención que hace muy fácil dejarse orientar. Aunque sepas lo que buscas, sabe interpretar perfectamente lo que necesitas, adaptando tu idea a lo que se demanda en la actualidad en este tipo de herramientas de posicionamiento. Conocedor de técnicas web y SEO para tu negocio. Recomendable 100%
Publicado en Google Google
Sara Fernández profile picture
Sara Fernández
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Profesional serio y dedicado a su trabajo. Volveremos a contactar con él para futuros trabajos. Recomendado totalmente. Gracias Asier
Publicado en Google Google
Lucía González Pardo profile picture
Lucía González Pardo
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Excelente profesional, competente, atento y proactivo. Sin duda, sus servicios son 100% recomendables.
Publicado en Google Google
Carmen Sanchez profile picture
Carmen Sanchez
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Superó todas mis expectativas. Su creatividad, profesionalismo y atención al detalle, hicieron que el diseño fuese excepcional. Además se comunicó de manera eficiente y siempre disponible respondiendo mis inquietudes. Muchas gracias por su trabajo y su tiempo.
Publicado en Google Google
Diego M. Ariza Contreras profile picture
Diego M. Ariza Contreras
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Una fantástica experiencia, profesionalidad y confianza.
Publicado en Google Google
Dalia A profile picture
Dalia A
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Contactamos con el para que nos hiciera un proyecto. Muy profesional, atento y siempre cuidando de sus clientes. Quedamos encantados con el trabajo. Volveremos a trabajar con el y 100% recomendable.
Publicado en Google Google
Mónica López profile picture
Mónica López
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Fue genial trabajar con él, nos escuchó en todo momento y plasmó nuestras ideas. Estamos encantados.

Preguntas frecuentes sobre a páxina web sinxela

Non. Fágoas con WordPress, como moitos grandes portais. Simplemente evito crear páxinas de máis, ou fágoa dunha soa páxina, e se despois precisas máis seccións imos engadíndoas.

A que precise o teu negocio. En xeral, unha presentación, os teus servizos, os teus datos de contacto e algunha sección máis se fai falta, ademais dos textos legais.

Non de todo. Se alguén te busca polo teu nome ou por algo moi concreto, o normal é que aparezas arriba, pero unha web sinxela ten menos contido co que posicionar. Se o teu negocio medra, podemos engadir páxinas pensadas para Google.

Si. O certificado SSL é imprescindible para a seguridade da túa web, e podo encargarme de contratalo xunto co dominio e o hosting. Aínda que sexa sinxela, será unha web profesional.

Si, podes ter un ou varios enderezos de correo co teu dominio. Dá unha imaxe moito máis profesional.

Si. Enlazo as túas redes sociais para que as túas visitas poidan seguirte e compartir o teu contido.

Unha idea clara do que fas. Do resto encárgome eu: o deseño, o dominio, a configuración e, se fai falta, axúdoche cos textos.

Entón encáixache o deseño web urxente: publicada en 48–72 horas laborables desde o pagamento, con keyword research e 5 páxinas.

Cóntame que precisas

Dime a que te dedicas e que queres conseguir coa túa web, e prepároche un orzamento por escrito.

Tamén me podes chamar ao 881 35 25 91

Aviso legal e Política de privacidadeLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío. Lin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío.

Prefires que te chame?