Deseño web para entidades sociais en Galicia

Deseño web para ONG e asociacións

Unha web que explica a vosa causa e fai doado sumarse a ela.

Deseño páxinas web para asociacións, fundacións, ONG e cooperativas: claras, transparentes, doadas de actualizar polo voso equipo e pensadas para que a xente done, se faga socia ou se apunte ao voluntariado.

Veño da economía social e levo anos traballando con entidades como Cáritas Coruña ou La PEKA. Podedes visitar as súas webs antes de falar comigo.

Sóavos algunha destas situacións?

O primeiro que fago é revisar a vosa web e dicirvos que falla, sen compromiso.

A web fíxoa un voluntario e ninguén sabe tocala

Funcionou un tempo, pero quen a montou xa non está, as novas son de hai anos e ninguén se atreve a cambiar nada.

Non se entende que facedes nin como axudar

Quen chega non ve á primeira a vosa causa, os vosos proxectos nin como doar, facerse socio ou colaborar.

A transparencia está nun caixón

Estatutos, memorias e contas existen, pero non están publicados onde os buscan socios, doadores e financiadores.

Páxinas web para asociacións, fundacións e ONG pensadas para sumar apoios

A web dunha entidade non ten que impresionar: ten que transmitir confianza, explicar para que existides e facilitar que a xente actúe.

Portada da Malva Ecosocial

A vosa causa, clara á primeira

Quen sodes, a quen axudades e que conseguides, contado sen xerga e con fotos reais do voso traballo.

Transparencia que dá confianza

Unha sección propia para estatutos, memorias anuais, contas, equipo e financiadores, doada de manter ao día.

Doar, asociarse ou colaborar en dous clics

Botóns claros para facer unha doazón, facerse socio ou apuntarse ao voluntariado, tamén desde o móbil.

Doada de actualizar polo voso equipo

Novas, axenda e proxectos publicádelos vos, sen depender de ninguén. E se queredes máis visibilidade, tamén me encargo do posicionamento SEO.

Quen fará a web da vosa entidade

Son Asier Epelde, desenvolvedor WordPress en Galicia. Traballo en tecnoloxía desde 2007 e fago webs con WordPress desde 2019. É o mesmo método co que fago todo o meu deseño web en Galicia.

Imaxe de perfil de Asier Epelde

Veño da economía social

Fun socio fundador dunha cooperativa de consultoría informática e formo parte de REAS Galicia. Coñezo como se decide e se traballa nunha entidade.

Falades sempre comigo

Non hai comerciais nin intermediarios. Cando o proxecto o pide, traballo con profesionais de confianza, como fotógrafos ou desenvolvedores, pero o voso interlocutor son eu.

Explícovos todo

Creo na democracia do coñecemento: cóntovos que fago e por que, para que a web non dependa de min. Máis sobre min.

Algúns exemplos de webs nas que traballei

Asociacións, fundacións e ONG con necesidades distintas. Podedes visitar as súas webs antes de falar comigo.

Cáritas Interparroquial da Coruña

Portada de Cáritas
caritascoruna- Deseño web para ONG e asociacións

Traballamos xuntos desde hai moitos anos. En 2019 migrei a súa web de Joomla a WordPress e redeseñeina. Desde entón manteñoa e publico os artigos e novidades que me envían. Ver o proxecto

Asociación La PEKA

Web da Asociación La PEKA

Asociación estatal de usuarios de vehículos vivenda. A súa web en WordPress.com quedara pequena: fixen un portal novo, migrei todo o contido antigo e manteñoo xunto con persoas da propia asociación. Ver o proxecto

Amigas da Terra

Portada de Amigas da Terra
amigas da terra- Deseño web para ONG e asociacións

Organización ecoloxista galega coa que traballo na súa nova web. Ademais de manter a súa páxina vella, dediqueime a crear o seu portal web. Ver a súa web

Zocaminhoca

Portada da web de Zocaminhoca
zocaminhoca- Deseño web para ONG e asociacións

É unha cooperativa de consumo con sede na Coruña que fornece produtos de proximidade a decenas de familias. Ver a súa web

Tamén confiaron en min a Fundación Labaca, a Fundación Piñeiro Pose, a Fundación Alter, a Asociación Bande, Salgueiriños de Consumo S. Coop. Galega, o Sindicato Independente e Profesional de Profesores de Relixión e o GDR Pontevedra Morrazo.

Que seccións debe ter a web dunha asociación

É a estrutura que mellor funciona para unha entidade, tanto para quen vos visita como para Google. Adáptoa ao voso tamaño: unha asociación veciñal non precisa o mesmo ca unha fundación con dez proxectos.

  • Inicio: a vosa causa, o que conseguides e como colaborar, nunha ollada.
  • Quen somos: misión, valores, xunta directiva e equipo.
  • Proxectos: que facedes, a quen chega e que resultados ten cada iniciativa.
  • Transparencia: estatutos, memorias anuais, contas e entidades que vos financian. Se recibides subvencións públicas, pode que a lei vos obrigue a publicar parte desta información.
  • Colabora: doazóns, alta de socios e voluntariado.
  • Novas e axenda: actividades, convocatorias e campañas.
  • Contacto e páxinas legais: formulario, enderezo, aviso legal, privacidade e cookies.

Como fago a páxina web dunha ONG, paso a paso

Sen sorpresas: sabedes en cada momento en que punto está a web e que vén despois.

1. Falamos e reviso o que tedes

Contadesme que queredes conseguir: máis socios, máis doazóns, máis voluntariado ou máis visibilidade. Se xa tedes web, revísoa antes de vernos.

2. Envíovos a proposta por escrito

Que seccións terá a web, que inclúe, canto custa e en que prazo. Lista para levala á xunta directiva.

3. Deseño antes de construír

Ensínovos un bosquexo das páxinas principais para que vexades como será a web antes de desenvolvela.

4. Desenvolvemento e revisádela nunha ligazón de proba

Constrúo a web nunha contorna de probas e revisádela con calma, con todas as persoas que teñan que opinar.

5. Publicación e formación

Publícoa no voso dominio, ensínovos a actualizala e entrégovos os accesos. A web é da entidade.

6. Mantemento

Despois sigo ao voso carón: actualizacións, copias de seguridade e seguridade co mantemento WordPress.

Que inclúe a vosa web?

Todo o necesario para que a web funcione desde o primeiro día, sen ter que buscar a ninguén máis.

Deseño á medida

Sen modelos solidarios xenéricos: a web parécese á vosa entidade, non a todas as ONG.

Pensada para que a xestionedes vos

Novas, proxectos e documentos subídelos vos, aínda que cambie a xunta ou o voluntariado.

Accesible e rápida

Textos lexibles, bo contraste e navegación sinxela para que ninguén quede fóra, tampouco desde un móbil antigo.

En galego e en castelán

Se a vosa entidade traballa en galego, a vosa web tamén.

Dominio e hosting a nome da entidade

Encárgome de contratalos e renovalos, sempre a nome da asociación ou da fundación.

Preparada para Google Ad Grants

Google dá ás entidades sen ánimo de lucro publicidade gratuíta no seu buscador, pero esixe unha web propia e de calidade. A vosa cumprirá eses requisitos.

Prezos de webs para ONG e asociacións

Nunca deixedes de preguntar se o prezo é o problema.

Páxina sinxela

Desde 500 euros

Ideal para organizacións de todo tipo que non teñen grandes necesidades de promoción en internet e que se arranxan cunha presentación tipo tarxeta.

  • A web cabe nunha páxina
  • Está feita á medida
  • Varias seccións na mesma URL
  • Formulario de contacto
  • Textos legais

Web entidade

Desde 900 euros

Ideal para entidades de máis tamaño, con múltiples servizos e proxectos, que queren ter unha presenza sólida en internet.

  • Páxinas internas de servizos e proxectos
  • Preparada para SEO
  • Podes xestionala ti
  • Alta en servizo de estatísticas
  • Vinculada a Google Business Profile

E-commerce

Desde 1.490 euros

Para quen queirades vender na web: produtos da entidade, entradas para actividades ou cestas dunha cooperativa de consumo.

  • Formas de pagamento
  • Xestión de envíos
  • Páxinas de produto
  • Xestión de pedidos e existencias
  • Preparada para SEO avanzado
  • Formación en vendas en liña

Non inclúen o dominio nin o aloxamento, que van sempre a nome da entidade. Podo xestionalos eu ou podedes facelo vos

Opinións dos meus clientes

Son todas recensións reais de Google.

Publicado en Google Google
Rocío Del Río Barquero profile picture
Rocío Del Río Barquero
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Lo único que puedo decir es que Asier es una persona maravillosa y que su calidad humana es difícil de encontrar hoy en día. Gracias por tu tiempo y dedicación.
Publicado en Google Google
Zocaminhoca Consumo Consciente Coruña profile picture
Zocaminhoca Consumo Consciente Coruña
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Estamos moi contentas co seu servizo.
Publicado en Google Google
ALTERAUDIO FUNDACION ALTER profile picture
ALTERAUDIO FUNDACION ALTER
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Estamos satisfechos con el resultado final y con el proceso de evolución de cómo fue el trabajo realizado. Todo suma. Desde el minuto cero... al objetivo conseguido. Gracias.
Publicado en Google Google
J. Ignacio Cru profile picture
J. Ignacio Cru
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Muy profesional en todo momento, con un servicio y atención que hace muy fácil dejarse orientar. Aunque sepas lo que buscas, sabe interpretar perfectamente lo que necesitas, adaptando tu idea a lo que se demanda en la actualidad en este tipo de herramientas de posicionamiento. Conocedor de técnicas web y SEO para tu negocio. Recomendable 100%
Publicado en Google Google
Sara Fernández profile picture
Sara Fernández
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Profesional serio y dedicado a su trabajo. Volveremos a contactar con él para futuros trabajos. Recomendado totalmente. Gracias Asier
Publicado en Google Google
Lucía González Pardo profile picture
Lucía González Pardo
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Excelente profesional, competente, atento y proactivo. Sin duda, sus servicios son 100% recomendables.
Publicado en Google Google
Carmen Sanchez profile picture
Carmen Sanchez
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Superó todas mis expectativas. Su creatividad, profesionalismo y atención al detalle, hicieron que el diseño fuese excepcional. Además se comunicó de manera eficiente y siempre disponible respondiendo mis inquietudes. Muchas gracias por su trabajo y su tiempo.
Publicado en Google Google
Diego M. Ariza Contreras profile picture
Diego M. Ariza Contreras
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Una fantástica experiencia, profesionalidad y confianza.
Publicado en Google Google
Dalia A profile picture
Dalia A
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Contactamos con el para que nos hiciera un proyecto. Muy profesional, atento y siempre cuidando de sus clientes. Quedamos encantados con el trabajo. Volveremos a trabajar con el y 100% recomendable.
Publicado en Google Google
Mónica López profile picture
Mónica López
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Fue genial trabajar con él, nos escuchó en todo momento y plasmó nuestras ideas. Estamos encantados.

Preguntas frecuentes sobre deseño web para ONG e asociacións

Unha web sinxela, dunha soa páxina, parte duns 500 €, e unha web completa con proxectos, transparencia e novas, desde 900 € (prezos + IVE). Dóuvos o prezo pechado e por escrito antes de empezar, para que poidades levalo á xunta ou incluílo nunha solicitude de subvención.

Si. Ensínovos a publicar novas, proxectos e documentos, e a cambiar textos e fotos. A web non depende de min nin dunha persoa concreta do equipo.

Depende da vosa forma xurídica e das axudas públicas que recibades. O habitual é publicar os estatutos, a memoria anual, as contas e as subvencións recibidas. Revisámolo xuntos ao preparar a proposta.

É un programa de Google que lles regala ás entidades sen ánimo de lucro ata 10.000 dólares ao mes en anuncios no seu buscador. Para conseguilo fai falta unha web propia, segura e con contido de calidade. Se vos interesa, vémolo ao empezar.

Si. Pódese engadir un formulario de doazón ou de alta de socio conectado coa vosa pasarela de pagamento ou con domiciliación bancaria, segundo como xestionedes hoxe as cotas.

Non necesariamente. Revísoa e dígovos se compensa mellorala ou se sae mellor empezar de cero.

Da entidade. O dominio e o aloxamento contrátanse ao seu nome e entrégovos todos os accesos.

Si. Coido o contraste, o tamaño de letra, os textos alternativos das imaxes e que se poida navegar co teclado, e revísoa coas ferramentas de accesibilidade de Google antes de publicala. É importante se traballades con persoas maiores ou con discapacidade.

Si. A web enlaza coas vosas redes sociais, pode amosar as vosas últimas publicacións e leva un formulario para subscribirse ao boletín por email, coa ferramenta que xa usedes. Os eventos e convocatorias publícanse na axenda e compártense desde aí.

Contademe que queredes conseguir

Vós contadesme que queredes lograr e eu dígovos que web precisa a vosa entidade para conseguilo.

Tamén me podedes chamar ao 881 35 25 91

Aviso legal e Política de privacidadeLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío. Lin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío.

Prefires que te chame?

Aviso legal e Política de privacidadeLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío. Lin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío.