Deseño web para avogados

Unha web que dá confianza antes da primeira consulta.

Deseño páxinas web para despachos e para avogados que exercen pola súa conta: claras, rápidas, coas túas áreas de práctica ben explicadas e doadas de contactar desde o móbil.

Xa fixen a web de tres despachos en Galicia.

Sóache algún destes problemas?

O primeiro que fago é revisar a túa web e dicirche que falla, sen compromiso.

A túa web parece de hai dez anos

Quen busca avogado xúlgate antes de chamarte. Unha web vella transmite un despacho anticuado, aínda que non o sexa.

Non se entende que fas

As áreas de práctica están mesturadas nun só texto cheo de xerga e o cliente non atopa o seu problema.

Non chegan consultas

O teléfono non se pode premer no móbil, o formulario está agochado e ninguén sabe como pedir cita.

Deseño de páxinas web para despachos de avogados pensadas para captar clientes

Unha web de avogados non ten que impresionar: ten que conseguir que o cliente entenda que podes axudalo e que te chame.

Unha páxina por área de práctica

Familia, laboral, estranxeiría, penal… Cada cliente atopa o seu problema e Google entende que ofreces e onde.

Confianza desde a primeira ollada

Equipo con nome, foto e traxectoria, o despacho real e as túas recensións de Google á vista.

Contacto sen fricción

Teléfono e WhatsApp a un toque no móbil, un formulario curto e, se o precisas, cita previa en liña.

Preparada para Google desde o primeiro día

Estrutura, textos, velocidade e ficha de Google Business traballados xuntos. Se queres ir máis alá, tamén me encargo do posicionamento SEO.

Webs que fixen para despachos de avogados

Experiencia real no sector legal: tres despachos galegos con necesidades distintas. Podes visitar as súas webs antes de falar comigo.

Que páxinas terá a web do teu despacho

É a estrutura que mellor funciona para un despacho, tanto para os teus clientes como para Google. Adáptoa ao teu tamaño: un avogado que exerce só non precisa o mesmo ca un despacho con seis áreas.

  • Inicio: quen es, que fas e como contactarte, nunha ollada.
  • O despacho e o equipo: fotos reais, traxectoria e número de colexiación.
  • Unha páxina por área de práctica: que problemas resolves en cada unha e como traballas.
  • Blog xurídico (opcional): artigos que responden ao que buscan os teus clientes.
  • Contacto e cita previa: teléfono, formulario, mapa e horario.
  • Páxinas legais: aviso legal, privacidade e cookies.
Áreas de dereito na web dun despacho de avogados

Como creo a web do teu despacho, paso a paso

Sen sorpresas: sabes en cada momento en que punto está a túa web e que vén despois.

1. Falamos e reviso o que tes

Cóntasme que clientes queres atraer e que áreas che interesa mover máis. Se xa tes web, revísoa antes de vernos. Non fai falta que chegues con todo claro.

2. Envíoche a proposta por escrito

Que páxinas terá a web, que inclúe, canto custa e en que prazo. Sen letra pequena.

3. Deseño antes de construír

Ensínoche un bosquexo das páxinas principais para que vexas como será a web antes de desenvolvela.

4. Desenvolvemento e revísala nunha ligazón de proba

Constrúo a web nunha contorna de probas e revísala con calma antes de publicala.

5. Publicación e entrega

Publícoa no teu dominio, revisámola xuntos e entrégoche os accesos. A web é túa.

6. Mantemento

Despois sigo ao teu carón: actualizacións, copias de seguridade e seguridade co mantemento WordPress.

Que inclúe a web do teu despacho?

Todo o necesario para que a web funcione desde o primeiro día, sen ter que buscar a ninguén máis.

Deseño á medida

Sen modelos de bufete xenéricos: a web parécese ao teu despacho, non a todos os despachos.

Áreas de práctica e blog xurídico

Unha páxina para cada área e, se queres, un blog no que publicas ti os artigos e as novas.

Textos legais e formularios en orde

Aviso legal, privacidade, cookies e consentimentos ben configurados. O contido legal revísalo ti, que disto sabes máis ca min.

En castelán e en galego

Se os teus clientes che escriben en galego, a túa web tamén pode falalo.

Dominio e hosting ao teu nome

Encárgome de contratalos e renovalos, sempre a nome do despacho.

Ensínoche a manexala

Explícoche como cambiar textos, fotos ou artigos pola túa conta. A túa web non depende de min.

Prezos do deseño web para avogados

Cada despacho é distinto, así que o prezo depende do seu tamaño e do que precise a web. Prezo sen IVE, pechado e por escrito antes de empezar.

Web para un avogado ou un despacho pequeno

Desde 900 €

Inicio, despacho e equipo, unha páxina por área de práctica, contacto con formulario e mapa, e as páxinas legais en orde.

Web para un despacho con varias áreas

Orzamento á medida

Para despachos con moitas áreas de práctica, cita previa en liña, versión en galego ou blog xurídico. Douche o prezo en canto sei o que precisas.

Quen fará a web do teu despacho

Son Asier Epelde, desenvolvedor WordPress freelance en Galicia. Traballo en tecnoloxía desde 2007 e fago webs con WordPress desde 2019. É o mesmo método co que fago todo o meu deseño web en Galicia.

Asier Epelde, deseñador web WordPress en Galicia

Falas sempre comigo

Se buscas unha empresa de deseño web para o teu despacho, ofrézoche o mesmo sen a estrutura de axencia: non hai comerciais nin intermediarios. Cando o proxecto o pide, traballo con profesionais de confianza, como fotógrafos ou desenvolvedores, pero o teu interlocutor son eu.

Preto ou en remoto

Traballo con despachos de toda España en remoto. Se estás en Galicia, vémonos en persoa.

Se non podo, dígocho

Se o teu proxecto precisa algo que non fago, direicho e orientareiche cara a quen poida axudarche. Máis sobre min.

Opinións dos meus clientes

Son todas recensións reais de Google.

Publicado en Google Google
Rocío Del Río Barquero profile picture
Rocío Del Río Barquero
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Lo único que puedo decir es que Asier es una persona maravillosa y que su calidad humana es difícil de encontrar hoy en día. Gracias por tu tiempo y dedicación.
Publicado en Google Google
Zocaminhoca Consumo Consciente Coruña profile picture
Zocaminhoca Consumo Consciente Coruña
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Estamos moi contentas co seu servizo.
Publicado en Google Google
ALTERAUDIO FUNDACION ALTER profile picture
ALTERAUDIO FUNDACION ALTER
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Estamos satisfechos con el resultado final y con el proceso de evolución de cómo fue el trabajo realizado. Todo suma. Desde el minuto cero... al objetivo conseguido. Gracias.
Publicado en Google Google
J. Ignacio Cru profile picture
J. Ignacio Cru
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Muy profesional en todo momento, con un servicio y atención que hace muy fácil dejarse orientar. Aunque sepas lo que buscas, sabe interpretar perfectamente lo que necesitas, adaptando tu idea a lo que se demanda en la actualidad en este tipo de herramientas de posicionamiento. Conocedor de técnicas web y SEO para tu negocio. Recomendable 100%
Publicado en Google Google
Sara Fernández profile picture
Sara Fernández
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Profesional serio y dedicado a su trabajo. Volveremos a contactar con él para futuros trabajos. Recomendado totalmente. Gracias Asier
Publicado en Google Google
Lucía González Pardo profile picture
Lucía González Pardo
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Excelente profesional, competente, atento y proactivo. Sin duda, sus servicios son 100% recomendables.
Publicado en Google Google
Carmen Sanchez profile picture
Carmen Sanchez
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Superó todas mis expectativas. Su creatividad, profesionalismo y atención al detalle, hicieron que el diseño fuese excepcional. Además se comunicó de manera eficiente y siempre disponible respondiendo mis inquietudes. Muchas gracias por su trabajo y su tiempo.
Publicado en Google Google
Diego M. Ariza Contreras profile picture
Diego M. Ariza Contreras
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Una fantástica experiencia, profesionalidad y confianza.
Publicado en Google Google
Dalia A profile picture
Dalia A
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Contactamos con el para que nos hiciera un proyecto. Muy profesional, atento y siempre cuidando de sus clientes. Quedamos encantados con el trabajo. Volveremos a trabajar con el y 100% recomendable.
Publicado en Google Google
Mónica López profile picture
Mónica López
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Fue genial trabajar con él, nos escuchó en todo momento y plasmó nuestras ideas. Estamos encantados.

Preguntas frecuentes sobre deseño web para avogados

Desde 900 € + IVE. O prezo depende sobre todo de cantas áreas de práctica teña a web e de se precisas cita previa en liña ou versión en galego. Dóucho pechado e por escrito antes de empezar.

Entre catro e oito semanas. O que máis marca o prazo son os textos das áreas de práctica: axúdoche a preparalos desde o principio para que non queden parados á espera.

Se queres captar clientes desa área, si. Unha soa páxina que o mestura todo non posiciona para nada e ao cliente cústalle ver se levas o seu caso.

Ti coñeces o que permiten o teu colexio e o código deontolóxico; eu adapto os textos e o deseño a iso. Nada de promesas de resultados nin reclamos que non poidas asinar.

A web vai con certificado SSL e os formularios levan a información básica de protección de datos e a caixa de consentimento. As consultas chegan ao teu correo e, se o prefires, configuro o formulario para que non garde copias na web.

Ademais do aviso legal, a privacidade e as cookies, a lei de servizos da sociedade da información pide os datos do profesional: nome ou razón social, NIF, colexio profesional, número de colexiado e título. Déixoos no aviso legal e na páxina do equipo, onde o cliente os busca.

Só co consentimento do cliente e sen nada que estea baixo segredo profesional. O habitual é explicar o tipo de casos que leva cada área, sen nomes. As recensións de Google si se poden amosar, porque as publica o propio cliente.

A web sae preparada: estrutura por áreas, textos pensados para o que busca o teu cliente, boa velocidade e a ficha de Google Business conectada. Aparecer arriba en buscas con competencia, como «avogado de familia» na túa cidade, xa é un traballo continuado de posicionamento SEO, que tamén fago se o precisas.

Si. Ensínoche a publicar artigos e novas e a cambiar textos e fotos sen depender de min.

Sigo ao teu carón co mantemento WordPress: actualizacións, copias de seguridade e seguridade, e un teléfono ao que chamar se algo falla.

Non. Traballo en remoto con despachos de toda España. Se estás en Galicia, ademais, vémonos en persoa.

Non necesariamente. Revísoa e dígoche se compensa mellorala ou se sae mellor empezar de cero.

Túa. O dominio e o aloxamento contrátanse a nome do despacho e entrégoche todos os accesos.

Cóntame que queres conseguir

Ti cóntasme que clientes queres atraer e eu dígoche que web precisa o teu despacho para logralo.

Tamén me podes chamar ao 881 35 25 91

Aviso legal e Política de privacidadeLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío. Lin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío.

Prefires que te chame?

Aviso legal e Política de privacidadeLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío. Lin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío.