Asier Epelde: consultor SEO e desenvolvedor WordPress en Vedra e Galicia
Son historiador de formación e levo na tecnoloxía desde 2007. Fixen arredor de medio cento de webs para pemes, autónomos, cooperativas e entidades sociais de Galicia, e en case todas sigo ao outro lado do teléfono despois da entrega. Traballo desde Galegos número 2, unha aldea de Vedra. De aí o nome.
Na tecnoloxía desde 2007
Da Historia a WordPress e ao SEO
Estudei Historia na Universidade de Santiago de Compostela. De aí quedóunme o costume de ir ás fontes e buscar patróns, que é boa parte do traballo en SEO.
En 2007 cofundei Ítaca Software Libre, unha cooperativa de consultoría informática con software libre. Empecei na parte comercial e fun gañando perfil técnico. Alí desenvolvemos todo tipo de proxectos: software á medida, adaptacións de ERP para empresas e páxinas web, primeiro con Joomla! e despois con WordPress.
E a través de Ítaca e do traballo cos meus compañeiros e outras cooperativas descubrin a economía social, da que sigo formando parte. Ademais, fun un tempo secretario de REAS Galicia e agora colaboro con ela todo o que podo.
No ano 2020 empezamos a traballar con máis intensidade en WordPress e fun adquirindo capacitación técnica. Así, cando a cooperativa pechou en 2023, quedei coa actividade de desenvolvemento web e seguin como autónomo coa marca En Galegos Número 2.
Hoxe fago webs, manteñoas, posiciónoas en Google e xestiono campañas de publicidade.
Webs que fixen (e que sigo coidando)
Ao longo destes anos acumulei experiencia en traballos con moitos sectores: adegas, cooperativas, colexios, despachos, asociacións e pequenos negocios de toda Galicia. Hoxe manteño unhas 35 webs mesmo anos despois da entrega. Estes son algúns proxectos que podo amosarche con nome e apelidos.
Catamaranes Río Sil
Turismo fluvial na Ribeira Sacra. Modernicei a súa web e hoxe levo todo o demáis: o mantemento, o posicionamento en Google e as súas campañas de Google Ads. Web, SEO e publicidade nas mesmas mans. catamaranesriosil.com
La Peka
Asociación de autocaravanistas. Desenvolvo o seu portal desde o primeiro día e formo parte do equipo que o mantén. Coñézoo por dentro: tamén son membro da asociación. lapeka.org
Cáritas Coruña
Entidade social. É a segunda web que lle facemos, sinal de que a primeira funcionou -aínda estaba en Joomla!-. Encargueime de implementala e manteñoa ata hoxe.
Colexio Franciscanos de Lugo
Centro educativo. Creei a súa web e sigo encargándome do seu mantemento, para que familias e profesorado atopen o que buscan. colexiofranciscanoslugo.gal
Pista Catro
Produtora de circo. A súa web de principio a fin: o desenvolvemento e o mantemento posterior. pistacatro.com
Zocaminhoca
Cooperativa de consumo. Puxemos en marcha a súa tenda en liña. Economía social traballando para a economía social. zocaminhoca.gal
Adega Chaos
Adega. Web multilingue en castelán, galego e inglés, para que o seu viño chegue tamén a quen o descobre desde fóra de Galicia. adegachaos.gal
Daveiga
Galletas artesás de Chantada, empresa de economía social. Na súa nova web traballei como asesor externo: implementei funcións concretas e axudeilles a decidir que tecnoloxías usar. daveiga.es
E outros negocios e entidades que tamén confiaron en min:
Como traballo
Constrúo cada web no meu ordenador, sen tocar o que xa tes publicado. Revísala nunha ligazón de proba, publicámola xuntos no teu dominio e despois sigo aí co mantemento. Se queres o detalle paso a paso, télo en deseño web en Galicia. Pero o proceso é o de menos: o que de verdade cambia é con quen traballas.
Falas sempre coa mesma persoa
Sen centraliñas nin xestores de conta: tes o meu teléfono e vémonos en persoa cando fai falta. Quen te escoita é quen fai o traballo.
Sabes que fago e por que
Veño do software libre e creo que o coñecemento se comparte. Explícoche cada cambio na túa web, con que ferramentas traballo e canto custa cada cousa.
A túa web é túa, non miña
O dominio e o aloxamento contrátanse sempre ao teu nome e tes todos os accesos. Se un día decides cambiar de provedor, levás a túa web sen pedir permiso a ninguén.
Autónomo, pero non só
Cando o proxecto o pide, acompáñome de fotógrafos, deseñadores ou outros desenvolvedores de confianza. E se algo non é o meu, dígocho e recoméndoche a quen o fai mellor.
Máster Universitario en Marketing Dixital – UOC
2025: canles de captación, analítica e comportamento do consumidor, con titulación oficial da Universitat Oberta de Catalunya.
Máster SEO – DinoRank
SEO técnico: especialización en arquitectura web e posicionamento avanzado
Curso SEO – Peter Lead
Formación continua: terceira edición completada e cuarta en curso.
Licenciatura en Historia – USC
A base de todo: ir ás fontes, contrastar e ordenar a información antes de sacar conclusións. O mesmo que pide unha boa auditoría SEO.
Charlas, entrevistas e prensa
Levo máis de quince anos falando de tecnoloxía, WordPress, cooperativas e economía social en xornadas, foros e medios. E desde hai pouco, tamén de autocaravanas.
WordPress Santiago · 2026
Charla «De tu ordenador para el mundo» no meetup de WordPress de Santiago: como traballar con WordPress en local con LocalWP, amosar os avances ao cliente sen tocar a web publicada e subila ao hosting cando está lista. Ver o evento
Faro de Vigo · 2025
Como portavoz de La Peka, sobre as críticas dos autocaravanistas ao trato que recibe o colectivo. Ler a nova
EspazoCoop · 2019
Mesa de experiencias na presentación da axenda TIC da economía social da Eurorrexión, como socio fundador de Ítaca Software Libre. Ler a crónica
CERSIA, Concello de Santiago · 2017
Relator por REAS Galicia no II Foro de Economía Social Inspiradora, dedicado ao emprendemento cooperativo. Ver a nova
EntreNós · 2016
Seminario sobre emprego na economía social na Coruña: defendín que estas empresas son unha ferramenta de transformación social. Ler o artigo
Xornada UOC en Galicia · 2011
Charla «Unha proposta para a Economía Social» en Santiago de Compostela, convidado pola Universitat Oberta de Catalunya. Ver o vídeo
Rede Eusumo
Entrevista sobre Ben Mercado, a tenda en liña para a economía social que desenvolvemos desde Ítaca Software Libre. Ler a entrevista
Máis alá das pantallas
Raíces e familia
Nacín en Azkoitia (Guipúscoa) en 1977, pero o meu corazón é galego polos catro costados. A miña familia materna é de Sober e hoxe vivo nunha pequena aldea en Vedra (A Coruña) coa miña muller, os meus tres fillos e os meus pais, que se viñeron vivir connosco. Unha casa chea de vida!
Liberdade sobre rodas
A miña paixón é viaxar en autocaravana coa miña familia: percorremos desde os cantilás de Escocia ata as estradas de Alemaña e Italia. E como membro de La Peka, a asociación de autocaravanistas, tamén me toca defender o colectivo, ás veces na prensa.
Valores que pesan
Creo na economía social e participo en REAS Galicia, porque os negocios deben ser, ante todo, sostibles e humanos.
Fóra de órbita
Se non estou cunha web, probablemente estea vendo cine quinqui (a miña gran debilidade) ou sufrindo coa Real Sociedad.
O que din os meus clientes
Falamos do teu proxecto?
Entendo o marketing dixital como unha ferramenta para mellorar a vida das persoas e a saúde dos negocios, non como un fin en si mesmo. Se buscas alguén que se implique, que entenda de números e que fale claro, estou ao outro lado.















