Deseño web na Coruña: páxinas WordPress á medida que funcionan
Non estás contento coa túa páxina web ou precisas unha?Deseño páxinas web profesionais na Coruña con WordPress, creadas á medida para facer medrar o teu negocio. Webs pensadas para converter visitas en clientes.
Deseño web na Coruña para negocios que queren mellorar a súa presenza en liña
A túa web non reflicte o potencial do teu negocio?
Así faremos que a túa páxina web sexa rendible:
Que gaña o teu negocio cunha páxina web profesional
Isto é o que cambia cando a túa web está ben feita.
Reforza a túa posición como marca líder
Un deseño web profesional e único mellora a percepción do teu negocio e proxecta unha imaxe sólida e fiable que axuda a posicionarte como referente no teu sector.
Aumenta as conversións e as vendas
Optimizo o deseño e a estrutura da túa web para guiar os visitantes cara a accións clave, como comprar, subscribirse ou contactar, para sacar o máximo dos resultados.
Gaña máis clientes
A túa páxina estará deseñada para gañar clientes, atraendo máis visitantes interesados nos teus servizos e aumentando o teu alcance.
Aforra tempo na xestión do teu negocio
Entrégoche unha web intuitiva e doada de xestionar, para que te centres no importante: facer medrar a túa empresa.
Constrúe confianza nos teus usuarios
Un sitio web seguro, rápido e ben estruturado xera credibilidade inmediata e aumenta a probabilidade de que os usuarios escollan os teus servizos.
Conecta co teu público en calquera dispositivo
Cun deseño web adaptable, garantes unha experiencia impecable aos teus clientes, accedan como accedan, e aumentas a súa satisfacción e fidelidade.
Deseñador web na Coruña ou axencia de deseño web: que che convén
Por que escoller En Galegos Número 2?
Unha axencia de deseño web reparte o teu proxecto entre comerciais, deseñadores e programadores. Comigo falas sempre coa mesma persoa, do primeiro bosquexo ao mantemento, e cando o proxecto o pide traballo con profesionais de confianza. Para a maioría de empresas e autónomos da Coruña iso significa decisións máis rápidas e un orzamento que vai á túa web, non á estrutura. Se o teu proxecto precisa un equipo grande, direicho e axudareiche a escoller.

Asesoramento
Constrúo contigo, non só para ti, para que a túa páxina web cumpra todos os estándares actuais, que che guste e, sobre todo, que cumpra os teus obxectivos.

Contido que conecta
Crear o contido dunha páxina web non é escribir e listo. Axúdoche a que comuniquen con claridade e a optimizar todo o que se escribe sen perder a esencia.

Marketing estratéxico
Analizar a túa competencia, os teus clientes e a túa contorna darranos moitísima información sobre como debes presentar o teu proxecto web no mercado. Paga a pena determe nisto.
Como desenvolvo a túa web WordPress á medida, paso a paso
Unha páxina web non é só un deseño bonito: ten que representarte e xerar negocio para ti.
Non parto dun modelo comprado ao que se lle cambian as cores. Deseño a estrutura da túa web a partir de como te contratan os teus clientes e constrúoa en WordPress, cos plugins xustos, para que cargue rápido e poidas editala ti sen medo a romper nada.
1. Análise inicial e consultoría personalizada
Empezamos falando, por teléfono, por videochamada ou en persoa. Quero entender que vendes, a quen e como te atopan hoxe os teus clientes. Reviso a túa web actual se a tes, a da túa competencia e o que se busca en Google sobre o teu sector na Coruña. Con iso propóñoche unha estrutura de páxinas e un orzamento pechado.
2. Deseño e desenvolvemento en WordPress
Preparo unha proposta visual e, cando te convence, constrúo a web nunha contorna local, fóra de internet, para traballar con calma e sen riscos. Normalmente uso WordPress con bloques nativos e os plugins imprescindibles: menos pezas significan unha web máis rápida, máis segura e máis doada de manter.
3. Revisión contigo e optimización
Antes de publicar nada, pásoche unha ligazón para que vexas a web tal e como quedará e me digas que cambiar. Mentres tanto, optimízoa: velocidade de carga, adaptación aos móbiles, SEO básico de cada páxina (títulos, descricións e estrutura) e formularios funcionando.
4. Publicación e seguimento
Co teu visto e prace, publico a web no teu dominio e revisámola xuntos xa en vivo. A partir de aí podes xestionala ti, ensínoche como, ou deixala nas miñas mans cun plan de mantemento: actualizacións, copias de seguridade e seguridade, para que siga funcionando coma o primeiro día.
Que inclúe a túa web: estratexia, SEO e mantemento
Unha web non remata o día que se publica.
Toda web que fago leva incluída unha base de estratexia e SEO, porque sen iso é un folleto bonito que ninguén atopa. A partir de aí, se queres ir máis lonxe, podo acompañarte con servizos específicos. Cóntocho claro para que saibas que pagas en cada caso.
1. Estratexia antes do deseño
Non fai falta un plan de marketing completo para ter unha boa web, pero si saber quen é o teu cliente, onde te busca, que fai a túa competencia e en que es mellor ca ela. Se xa o tes claro, partimos de aí. Se non, trabállamolo xuntos na primeira fase do proxecto.
2. SEO incluído desde o primeiro día
Cada páxina sae coa súa estrutura de encabezados, os seus títulos e descricións, URL limpas, imaxes optimizadas e unha carga rápida. Así Google entende a túa web desde o principio. Se ademais queres traballar o posicionamento a fondo e aparecer en Google Maps, iso xa é un servizo aparte: SEO local na Coruña.
3. Mantemento para que siga funcionando
WordPress, o tema e os plugins actualízanse constantemente, e unha web sen manter acaba sendo lenta ou insegura. Podes encargarte ti, e ensínoche como, ou deixalo nas miñas mans cun plan de mantemento e soporte WordPress: actualizacións, copias de seguridade, seguridade e alguén ao outro lado do teléfono cando algo falla.
Prezos estándar para páxinas web
Se o prezo é o que te frea, pregúntame igualmente.
Páxina sinxela
Desde 500 euros
Ideal para negocios e profesionais que precisan unha presentación clara tipo tarxeta, sen grandes necesidades de promoción.
Web profesional
Desde 900 euros
Para negocios que queren mostrar varios servizos ou produtos e ter unha presenza sólida en internet.
Tenda en liña con WooCommerce
Desde 1.490 euros
Para vender en liña os teus produtos, servizos ou reservas
Prezos sen IVE. Non inclúen o dominio nin o aloxamento (hosting), que van sempre ao teu nome. Podo xestionalos eu ou podes facelo ti.
Por certo, son Asier Epelde, desenvolvedor WordPress en Vedra (A Coruña)
Traballo en tecnoloxía desde 2007 e fago webs desde 2019. Hoxe manteño unhas 35 webs de pemes e autónomos galegos.
A túa web non pasa de man en man: a persoa coa que falas o primeiro día é a mesma que a constrúe e a que che colle o teléfono cando o precisas. Así que falas directamente con quen deseña, programa e mantén a túa web: sen comerciais nin intermediarios.
E se queres saber que plugins uso, onde está aloxada a túa web ou por que tomo unha decisión técnica, explícocho. A túa web é túa e tes dereito a entendela.
Preto de ti
Deseño web na Coruña e na súa provincia
Traballo desde Vedra, a unha hora da Coruña, con negocios da cidade e de Oleiros, Arteixo, Culleredo ou Cambre. A maior parte do proxecto avanza por teléfono e videochamada, e cando fai falta vernos, desprázome a calquera recuncho da provincia.
Non teño oficina na cidade, pero si un teléfono que contesto eu e o costume de explicar as cousas sen tecnicismos. Tamén traballo con clientes do resto de Galicia e de fóra, aínda que onde mellor se traballa é preto da casa.Proxectos web na Coruña e no resto de Galicia
Opinións reais dos meus clientes
Tamén traballo no resto de Galicia
Traballo desde Vedra con negocios de toda Galicia. Se estás preto, quedamos en persoa; se non, resolvémolo por teléfono ou videochamada co mesmo trato directo.
Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense
Tamén traballo con clientes do resto de Galicia. A distancia non cambia o método: proposta por escrito, ligazón de proba e unha persoa ao outro lado do teléfono.
Se es do resto de Galicia ou España
Traballo en remoto con negocios de toda Galicia e do resto de España: reunións por videochamada e o mesmo trato directo.
Se es de Santiago de Compostela
Estou a un paso de Santiago, así que podemos vernos cando faga falta, na túa oficina ou na miña de Vedra.
Preguntas frecuentes sobre deseño web na Coruña
Cóntame que queres conseguir
Ti cóntasme que queres conseguir e eu dígoche que web precisas para logralo. Enche o formulario ou chámame: respóndoche en menos de 24 horas laborables e, se xa tes web, revísoa antes de falar contigo.Prefires que te chame?














