Deseño web en Santiago de Compostela: webs WordPress á medida
Unha páxina web feita por alguén que coñece a túa cidadeDeseño e desenvolvo webs profesionais con WordPress para negocios de Santiago e a súa comarca. Feitas á medida, pensadas para que te atopen e para converter visitas en clientes.
Deseño web en Santiago para negocios que queren medrar en internet
A túa web quedou atrás ou aínda non a tes?
Isto é o que vas ter:

Preto de ti
Deseño web en Santiago de Compostela e a súa comarca
Traballo desde Vedra, a uns 20 minutos de Santiago, con negocios da cidade e de Ames, Teo, Brión, Boqueixón ou Val do Dubra. Gústame empezar cada proxecto cunha reunión en persoa, e a partir de aí avanzamos por teléfono, videochamada ou con outro café cando fai falta.
A miña oficina está en Vedra, así que se vou a Santiago a reunión facémola no teu negocio, nun café ou no local dalgún dos meus clientes, que me deixan un espazo encantados. O que si teño é un teléfono que contesto eu e o costume de explicar as cousas sen tecnicismos.En Santiago creei, e sigo mantendo, as webs da produtora de circo Pistacatro, o estudio de arquitectura Elo, os despachos de avogados Seijo Iglesias e CEG Abogados, o centro de negocios SDC Business Center e a cooperativa de consumo Sconsumo. E en Vedra, as da adega Adega Chaos, a floristería Flor con Arte e Verbegal, que organiza festas e eventos.
Deseñador web en Santiago de Compostela
Por que un deseñador freelance e non unha axencia?

Un só interlocutor
O orzamento, o deseño, a programación e o soporte pasan por min, e cando o proxecto o pide traballo con profesionais de confianza. Falas sempre con quen constrúe a túa web, sen comerciais nin intermediarios.

Preto de verdade
Estou en Vedra, a uns 20 minutos de Santiago. Se hai que verse para revisar a web ou resolver unha dúbida, vémonos.

Clientes que quedan
Todas as webs que fixen en Santiago e Vedra sigo mantiéndoas eu. É a mellor proba de como traballo.
Que gaña o teu negocio en Santiago cunha web profesional
Os teus clientes búschante no móbil antes de chamarte.

Que te atopen cando te buscan
Quen precisa un servizo en Santiago búscao en Google, case sempre desde o móbil. Unha web ben construída é a base para aparecer aí e tamén en Google Maps.
Máis contactos e menos dúbidas
Textos claros, prezos orientativos e respostas ao que os teus clientes preguntan sempre. Chegan a ti sabendo o que queren, e aforras chamadas para o mesmo.
Confianza antes do primeiro contacto
Recensións, traballos feitos e unha forma doada de contactar: é o que mira un cliente antes de decidirse entre ti e a competencia.
Autonomía para actualizala
Cambiar un horario, subir fotos ou publicar unha novidade sen depender de ninguén. Na entrega ensínoche a facelo.
Rápida e segura
Poucos plugins, un bo aloxamento e copias de seguridade. Unha web lenta ou hackeada espanta clientes máis rápido que non ter web.
Unha web que é túa
O dominio e o aloxamento van ao teu nome, e WordPress é software libre: se un día queres cambiar de provedor ou de desenvolvedor, levás a túa web enteira.
Desenvolvemento web en Santiago: como fago a túa web WordPress á medida, paso a paso
Do primeiro café á web publicada.
Cada web empeza entendendo como funciona o teu negocio. Non uso modelos comprados coas cores cambiadas: a estrutura sae de como te contratan os teus clientes, e constrúoa en WordPress cos plugins xustos para que vaia rápida e poidas editala ti.
1. Coñecémonos
Quedamos no teu negocio ou onde che vea ben en Santiago, ou falamos por teléfono se o prefires, e cóntasme que vendes, a quen e como che chegan hoxe os clientes. Despois reviso a túa web actual, a da túa competencia e o que se busca en Google no teu sector, e pásoche unha proposta coa estrutura de páxinas e un orzamento pechado.
2. Deseño e desenvolvemento web
Ensínoche unha proposta visual e, cando te convence, constrúo a web no meu ordenador, fóra de internet, para traballar sen presas nin riscos. Uso WordPress con Kadence ou Elementor e só os plugins imprescindibles: menos pezas, menos problemas.
3. Revisámola xuntos
Pásoche unha ligazón para que a vexas no móbil e no ordenador antes de publicala, e axustámola cos teus comentarios. Mentres, comprobo a velocidade, os formularios, a adaptación aos móbiles e o SEO básico de cada páxina.
4. Publicación e despois
Co teu visto e prace, publícoa no teu dominio, revisámola en vivo e ensínoche a editala. Se queres, quédome a cargo do mantemento, como fago cos meus clientes de Santiago e Vedra.
Que inclúe a túa web: estratexia, SEO e mantemento
O que vai no prezo e o que non.
Todas as webs saen cunha base de estratexia e de SEO incluída, porque unha web que ninguén atopa non serve de moito. O que vai máis alá é un servizo aparte, e dígocho desde o principio para que non haxa sorpresas na factura.
1. Estratexia: incluída
Antes de deseñar, aclaramos quen é o teu cliente, onde te busca e en que te diferencias da competencia. Se xa o tes claro, partimos de aí; se non, trabállamolo na primeira reunión.
2. SEO básico: incluído
Encabezados, títulos e descricións, URL limpas, imaxes optimizadas e carga rápida en cada páxina, para que Google entenda a túa web desde o primeiro día. Traballar o posicionamento a fondo e aparecer en Google Maps é un servizo aparte: SEO local en Santiago de Compostela.
3. Mantemento: opcional
Unha web sen actualizar acaba sendo lenta ou insegura. Podes encargarte ti, e ensínoche como, ou deixalo nas miñas mans cun plan de mantemento e soporte WordPress: actualizacións, copias de seguridade, seguridade e alguén ao outro lado do teléfono cando algo falla.
Quen está detrás: Asier Epelde, desenvolvedor WordPress en Vedra
Vivo e traballo en Vedra, a uns 20 minutos de Santiago, a cidade na que estudei Historia. Traballo en tecnoloxía desde 2007 e fago webs desde 2019. Hoxe manteño unhas 35, de pemes, autónomos e entidades de toda Galicia.
Veño da economía social e formo parte de REAS Galicia, e iso nótase en como traballo: trato directo, prezos claros e nada de letra pequena.
Teño o Máster en Marketing Dixital da UOC e sigo formándome en SEO, así que a túa web non se queda no deseño: sae preparada para que te atopen. E se queres saber como está feita, explícocho. A túa web é túa e tes dereito a entendela.
Proxectos web en Santiago, a súa comarca e o resto de Galicia
Opinións reais dos meus clientes
Unha páxina web na túa cidade
Traballo desde Vedra, a un paso de Santiago, con negocios de toda Galicia. Se estás preto, quedamos en persoa; se non, resolvémolo por teléfono ou videochamada co mesmo trato directo.
Tamén traballo con clientes do resto de Galicia. A distancia non cambia o método: proposta por escrito, ligazón de proba e unha persoa ao outro lado do teléfono.
Se a túa empresa está na Coruña
Coñezo ben a realidade da cidade da Coruña, o seu mercado e os seus barrios. Desprázome a ela a miúdo.
Se es do resto de Galicia ou España
Hoxe as novas tecnoloxías permítennos tratar e ter reunións con calquera persoa de Galicia ou España. Aprovéitao!
Preguntas frecuentes sobre deseño web en Santiago de Compostela
Prezos de páxinas web en Santiago de Compostela
Prezos de partida, sen letra pequena. O orzamento final dóucho pechado.
Páxina sinxela
Desde 500 euros
Ideal para negocios e profesionais que precisan unha presentación clara tipo tarxeta, sen grandes necesidades de promoción.
Web profesional
Desde 900 euros
Para negocios que queren mostrar varios servizos ou produtos e ter unha presenza sólida en internet.
Tenda en liña con WooCommerce
Desde 1.490 euros
Para vender en liña os teus produtos, servizos ou reservas
Prezos para profesionais sen IVE. Non inclúen o dominio nin o aloxamento, que van sempre ao teu nome: podo xestionalos eu ou podes facelo ti.
Pide orzamento para a túa web en Santiago de Compostela
Falamos da túa web? Contéstoche eu.
Escríbeme polo formulario ou chámame ao 881 35 25 91 e vemos xuntos como ten que ser a túa web.
Prefires que te chame?



