Marketing dixital en Galicia para pemes e autónomos

Acompañóte para que medremos xuntos no teu negocio dixital
Asier Epelde

Os meus clientes

Non están todos os que son, pero si son todos os que están. Cada cliente é único e irremprazable para min. Gústame crear relacións próximas e de confianza.

Estas son algunhas opinións reais que deixaron en Google

Publicado en Google Google
Rocío Del Río Barquero profile picture
Rocío Del Río Barquero
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Lo único que puedo decir es que Asier es una persona maravillosa y que su calidad humana es difícil de encontrar hoy en día. Gracias por tu tiempo y dedicación.
Publicado en Google Google
Zocaminhoca Consumo Consciente Coruña profile picture
Zocaminhoca Consumo Consciente Coruña
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Estamos moi contentas co seu servizo.
Publicado en Google Google
ALTERAUDIO FUNDACION ALTER profile picture
ALTERAUDIO FUNDACION ALTER
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Estamos satisfechos con el resultado final y con el proceso de evolución de cómo fue el trabajo realizado. Todo suma. Desde el minuto cero... al objetivo conseguido. Gracias.
Publicado en Google Google
J. Ignacio Cru profile picture
J. Ignacio Cru
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Muy profesional en todo momento, con un servicio y atención que hace muy fácil dejarse orientar. Aunque sepas lo que buscas, sabe interpretar perfectamente lo que necesitas, adaptando tu idea a lo que se demanda en la actualidad en este tipo de herramientas de posicionamiento. Conocedor de técnicas web y SEO para tu negocio. Recomendable 100%
Publicado en Google Google
Sara Fernández profile picture
Sara Fernández
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Profesional serio y dedicado a su trabajo. Volveremos a contactar con él para futuros trabajos. Recomendado totalmente. Gracias Asier
Publicado en Google Google
Lucía González Pardo profile picture
Lucía González Pardo
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Excelente profesional, competente, atento y proactivo. Sin duda, sus servicios son 100% recomendables.
Publicado en Google Google
Carmen Sanchez profile picture
Carmen Sanchez
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Superó todas mis expectativas. Su creatividad, profesionalismo y atención al detalle, hicieron que el diseño fuese excepcional. Además se comunicó de manera eficiente y siempre disponible respondiendo mis inquietudes. Muchas gracias por su trabajo y su tiempo.
Publicado en Google Google
Diego M. Ariza Contreras profile picture
Diego M. Ariza Contreras
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Una fantástica experiencia, profesionalidad y confianza.
Publicado en Google Google
Dalia A profile picture
Dalia A
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Contactamos con el para que nos hiciera un proyecto. Muy profesional, atento y siempre cuidando de sus clientes. Quedamos encantados con el trabajo. Volveremos a trabajar con el y 100% recomendable.
Publicado en Google Google
Mónica López profile picture
Mónica López
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Fue genial trabajar con él, nos escuchó en todo momento y plasmó nuestras ideas. Estamos encantados.

Mellora a comunicación dixital do teu negocio en Galicia

O que non funciona (e seguramente xa sofres)

Son accións que poucas veces chegan a bo porto. Por iso convén parar e definir unha estratexia.

A web non funciona

Investir sen medir

Pagas unha web, unhas campañas ou un community manager, pero non sabes que che trae clientes e que non.

Depender dunha soa canle

Todo pasa por Instagram ou polo boca a boca, e se un mes falla, non tes nada máis.

Improvisar cada semana

Sen un plan, cada día decides que publicar ou que probar, e iso esgota e non suma.

1. Diagnóstico da situación

Antes de deseñar un plan de marketing dixital, hai que pararse a observar a realidade do negocio. Moitas veces detéctase un problema (falta de clientes, pouca visibilidade en liña, campañas que non converten), pero non se analizan as súas causas. Sen ese diagnóstico, as accións converténse en parches que consomen tempo e recursos sen dar resultados. Por iso empezo cunha análise DAFO da túa presenza dixital no mercado galego, para identificar as túas vantaxes fronte a outros negocios da zona.

Non precisas facer máis cousas, precisas facer as cousas correctas. E iso empeza por entender a túa situación actual

Faremos xusto o que precisas, nin máis nin menos.

Que vou facer?

Nesta fase convirto os datos en claridade. O diagnóstico non se queda en observar: interpreta e dá respostas prácticas, en tres pasos.

Análise DAFO

Reviso a túa web, a túa ficha de Google, as túas redes e a túa competencia, e ordeno nunha matriz as túas debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades.

Conclusións baseadas en datos

Apoio cada conclusión en datos reais: a túa analítica, o que buscan os teus clientes en Google e o que fai a túa competencia. Nada de intuicións.

Medidas de mellora

Do diagnóstico saen medidas concretas e ordenadas por prioridade: que corrixir xa, que preparar a medio prazo e que pode esperar.

2. Definición de obxectivos e estratexia

Un plan de marketing sen obxectivos claros é só unha lista de desexos. Despois do diagnóstico, o seguinte paso é fixar metas alcanzables e medibles, e trazar a estratexia que servirá de guía. Aquí traduzo a información nun camiño definido: que queres lograr, como o imos medir e que pancas moveremos no mercado dixital galego para diferenciar o teu negocio.

Transformamos as túas ideas en resultados tanxibles e medibles, optimizando cada euro para maximizar o ROI (retorno do investimento) do teu negocio.

Enfoque estratéxico

Non abonda con pensar que hai que vender máis. Constrúo contigo un marco realista que conecta os teus recursos cos teus obxectivos, en tres pasos:

Definición de obxectivos SMART

Determino metas específicas, medibles, alcanzables, relevantes e con prazos definidos. Así saberás en todo momento cara a onde dirixir o teu esforzo.

Estratexia de posicionamento e diferenciación

Defino a proposta de valor que fará que a túa marca destaque en Galicia fronte á competencia, integrando SEO, contidos e redes sociais.

Priorización de accións e canles

Non se trata de estar en todas partes, senón nos lugares axeitados. Selecciono as canles e tácticas con máis impacto no teu negocio, sen dispersar recursos.

3. Que inclúe o teu plan de marketing dixital

Antes de traballar a comunicación, sexa na web, en redes sociais ou en campañas de publicidade, hai que definir unha estratexia a curto, medio e longo prazo. O plan parte do diagnóstico e dos teus obxectivos, e convérteos nun documento que podes usar desde o primeiro día.

O plan de marketing dixital é o documento central arredor do que xira todo o que fas en internet.

Que leva o teu plan

Un documento completo, adaptado ao teu negocio:

  • Análise do teu negocio, do teu mercado e da túa competencia
  • DAFO e conclusións baseadas en datos
  • Obxectivos medibles, público e mensaxes
  • Canles: web, SEO e ficha de Google, campañas de publicidade en Google Ads, redes sociais (Instagram, Facebook ou LinkedIn, segundo o teu público) e email
  • Calendario de accións e orzamento
  • Cadro de mando para medir os resultados

Datos antes ca opinións

Cada decisión apóiase en datos: o que buscan os teus clientes en Google, o que fai a túa competencia e o que di a túa analítica. Uso ferramentas profesionais de SEO e analítica, e ensínoche de onde sae cada conclusión.

Coñezo o mercado galego

Traballo con pemes e autónomos de Galicia e sei que aquí non sempre se busca nin se compra como no resto de España. O teu plan fálalles aos teus clientes, non a un público xenérico.

Un plan realista

Ademais de facer plans, desenvolvo webs, traballo o SEO e xestiono campañas de Google Ads. Sei o que custa cada acción en tempo e en diñeiro, así que o plan axústase aos teus recursos reais, non aos dunha gran empresa.

Transparente e feito contigo

Explícoche cada decisión para que a entendas e poidas defendela. Construímolo xuntos nas sesións de traballo, e ao final o plan é teu: sen dependencias nin letra pequena.

Un caso real: empresa turística na Ribeira Sacra

O punto de partida. Unha empresa de experiencias turísticas con marca nova, orzamento limitado e unha tempada moi marcada: no inverno, demanda case cero. Dependía de Google Ads, tiña as redes sen actividade, non traballaba a súa ficha de Google e non tiña base de datos de clientes.

Diagnóstico

Contorna, competencia e DAFO. A súa vantaxe real non estaba no prezo, senón na súa localización e en como lles contan o territorio aos seus clientes.

Prioridades por canle

Primeiro Google Ads e a ficha de Google, despois recensións e redes, e o SEO para depender menos da publicidade a medio prazo.

Público

Perfil do visitante da zona e tres buyer persona. Unha delas abría unha canle que non estaban a traballar: as axencias de viaxes.

Execución

Dous escenarios de orzamento, calendario desde a pretempada, cadro de mando semanal e unha lista de accións para a primeira semana, cada unha de menos de dúas horas.

O resultado: a falta de mes e medio para acabar a tempada, a empresa xa atendeu un 80 % máis de visitantes que o ano anterior e aumentou a súa facturación na mesma proporción. Non todo é mérito do plan: influén o tempo, o momento turístico da zona e, sobre todo, o traballo do equipo. Pero o plan deulles algo que non tiñan: saber que facer primeiro, onde investir e como medir se funcionaba.

Un bo plan non é o máis longo, senón o que o negocio pode cumprir. Este cabía no orzamento e no día a día dunha empresa pequena.

Son Asier Epelde e fago plans de marketing dixital desde Galicia

Traballo en tecnoloxía desde 2007 e fago webs desde 2019. Hoxe xestiono proxectos como este e Respaldo Seguro.

Son licenciado en Historia, con formación en Ciencias Empresariais, un MBA, un Máster en Marketing Dixital pola UOC e formación avanzada en SEO con Peter Lead.

Non só fago marketing: entendo como funciona a túa empresa.

Artigos de marketing dixital no blog

Canto custa un plan de marketing dixital?

O prezo final depende do tamaño do teu negocio e das canles que haxa que analizar. Confírmocho por escrito antes de empezar, sen sorpresas.

Plan de marketing dixital completo

Desde 1.990 euros máis IVE.

Tela lista en dous ou tres meses, construído contigo e non ás túas costas.

  • Documento completo: análise, DAFO, obxectivos, estratexia, calendario, cadro de mando e orzamento
  • Ata tres sesións de traballo comigo durante a preparación
  • Entrega en dous ou tres meses
  • O plan é teu: execútalo ti ou con quen queiras
presentación do plan de marketing

Preguntas frecuentes sobre o plan de marketing dixital

O que adoitan preguntarme as pemes e os autónomos antes de empezar. Se a túa dúbida non está aquí, escríbeme e contéstoche eu.

É o documento que di que ten que facer o teu negocio en internet, en que orde e con que orzamento, para conseguir uns obxectivos concretos. Serve para deixar de improvisar: sabes que facer primeiro, onde investir e como medir se funciona.

Si, e máis ca nunha gran empresa, porque con pouco orzamento cada euro mal investido nótase. Un plan feito á medida dunha peme non ten cen páxinas: ten as accións que o teu negocio pode asumir cos recursos que ten.

Análise da contorna, do mercado e da túa competencia; análise interna e DAFO; obxectivos medibles e público; estratexia e tácticas por canle; e calendario, cadro de mando e orzamento. Explícoche cada parte para que poidas usala sen depender de min.

Desde 1.990 € + IVE. O prezo final depende do tamaño do teu negocio e das canles que haxa que analizar, e dóucho por escrito antes de empezar.

Entre dous e tres meses. Preciso acceso aos teus datos (analítica, ficha de Google, redes e vendas, se os tes) e o teu tempo en ata tres sesións de traballo, porque o plan constrúese contigo.

O plan é teu: podes executalo ti, co teu equipo ou con quen queiras. Se prefires que che axude, tamén me encargo do deseño web, do posicionamento SEO e das campañas de Google Ads.

Unha axencia adoita vender a execución: campañas, redes ou contidos cada mes. O plan é o paso anterior: decide que facer, en que orde e con canto orzamento. Logo execútalo ti, con quen queiras ou comigo.

Traballo sobre todo con pemes, autónomos e empresas de Galicia, porque coñezo como se busca e se compra aquí. Reunímonos en persoa ou por videochamada, como mellor che veña.

Cóntame que queres conseguir

Ti cóntasme que queres conseguir e eu dígoche que precisas para logralo. Enche o formulario ou chámame ao 881 35 25 91: respóndoche en menos de 24 horas laborables e, se xa tes web, revísoa antes de falar contigo.
Aviso legal e Política de privacidadeLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío. Ademais podo consultar a Política de privacidade e o Aviso legalLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Seño que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que incluín no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío.

Prefires que te chame?

Aviso legal e Política de privacidadeLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío. Ademais podo consultar a Política de privacidade e o Aviso legalLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío.