Mantemento web WordPress en Galicia

Encárgome de que a túa web WordPress estea actualizada, con copias de seguridade e vixiada, para que ti te ocupes do teu negocio. Manteño unhas 35 webs, sen permanencia e cun só interlocutor: se algo falla, escríbesme a min.

Asier Epelde, desenvolvedor WordPress

Que inclúe o mantemento da túa web WordPress

Unha web WordPress precisa coidados, como calquera ferramenta de traballo. WordPress, o tema e os plugins publican actualizacións de seguridade cada pouco tempo, e unha web sen copias de seguridade é unha web que se pode perder. Isto é o que fago:

Actualizacións de WordPress, tema e plugins

Actualizo WordPress, o tema e os plugins dúas veces ao mes. Se a túa web o precisa, fágoo cada semana ou mesmo a diario.

Copias de seguridade dentro e fóra do servidor

O teu hosting garda unha copia diaria e eu gardo outra fóra do servidor: cada mes nunha web de servizos e cada semana nunha tenda en liña. Se a túa web cambia moito, fago copias diarias ou varias ao día.

Seguridade e malware

Traballo con hostings que vixian o malware e uso ferramentas de escaneo nas webs que manteño. Aínda así, a mellor defensa é unha boa copia de seguridade: se unha web se infecta, restaúroa a unha versión limpa.

Aviso se a túa web cae

Se a túa web deixa de funcionar, chégame un aviso ao momento. Compróboa coa frecuencia que precise o teu negocio, ata cada 5 minutos.

Informe mensual

Cada mes envíoche un informe co traballo feito e o estado da túa web.

Soporte directo

Escríbesme ou chámasme a min, sen centraliñas. Segundo a urxencia, as incidencias adoito atendelas no mesmo día. Non ofrezo atención 24 horas.

Plans e prezos do servizo de mantemento WordPress

Prezos sen IVE. Sen permanencia: dásme de baixa cando queiras.

Mantemento básico

125 €/ano

Para webs de servizos que cambian pouco. Actualizacións cada 15 días, copia diaria do hosting, copia mensual fóra do servidor e informe mensual.

Servizos adicionais

10 €/mes cada un

Aviso de caídas · Copias diarias fóra do servidor · Actualizacións máis frecuentes. Por exemplo, unha web de servizos con aviso de caídas: 125 €/ano + 10 €/mes.

Tenda en liña WooCommerce

125 €/ano + desde 40 €/mes

Unha tenda precisa copias diarias, aviso de caídas e actualizacións frecuentes, porque cada pedido e cada fallo contan.

Cambios de contido

40 €/hora

Textos, imaxes, páxinas novas ou axustes de deseño cando os precises.

A túa web precisa outra cousa? Prepároche un mantemento á medida.

A túa web non a fixen eu?

Tamén manteño webs WordPress feitas por outros profesionais. Antes de empezar reviso como está: versións, plugins, copias de seguridade e hosting. Se está ben, empezamos. Se está tan desactualizada que mantela sae máis caro ca refacela, dígocho con franqueza e vemos se che convén unha web nova.

Como empezamos

1. Reunión de presentación

Cóntasme como é a túa web e que precisas.

2. Acceso á web

Dásme acceso para poder traballar nela.

3. Revisión e posta a punto

Reviso como está e déixoa ao día.

4. Rutina de mantemento

Entra nas actualizacións, as copias e o informe mensual.

Se na revisión aparece algo que arranxar, órzocho e, se é posible, resólvoo antes de empezar. Unha web que xa chega rota non pode entrar en mantemento tal cal.

Hosting, dominio e correo

Se o precisas, encárgome do hosting, do dominio e das contas de correo, e trato eu co provedor. Ti non tes que pelexar con ningunha asistencia técnica.

Hostings de confianza

Só traballo con hostings de boas prestacións e unha asistencia que responde. Non son os máis baratos: un hosting económico pode tardar horas en resolver unha incidencia, e diso non me podo facer responsable.

Desde uns 60 € ao ano

É o que custa un hosting deste tipo. Se levo o mantemento da túa web, xestionalo non che custa nada máis.

Sempre ao teu nome

Aínda que eu contrate o hosting e o dominio, son teus: se un día marchas, transfírochos. Sen preguntas.

Quen mantén a túa web

Son Asier Epelde, desenvolvedor web WordPress en Galicia

Traballo en tecnoloxía desde 2007 e fago webs desde 2019. Hoxe combino o desenvolvemento con WordPress, o SEO e o marketing dixital para pemes e autónomos de Galicia. Coñece máis sobre min

Formeime en disciplinas técnicas, pero tamén en SEO e marketing, para ofrecer páxinas web que respondan a cada obxectivo.

Cando unha web falla, o que precisas é alguén que manteña a calma e a arranxe. Son unha persoa tranquila, traballo ben baixo presión e vou directo á solución: unha incidencia non me agobia, póñome con ela ata resolvela.

Todas as páxinas deben ter miles de visitas e miles de vendas? Ás veces a páxina web non é a solución para un negocio

Mantemento web na Coruña, Santiago e toda Galicia

Traballo con negocios de toda Galicia: A Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra, Ourense e Vigo. O mantemento faise a distancia, así que dá igual onde estea o teu negocio. Se ademais precisas unha web nova, mira deseño web na Coruña ou deseño web en Santiago de Compostela.

Preguntas frecuentes sobre o mantemento WordPress

Desde 125 €/ano sen IVE para unha web de servizos. Cada servizo adicional (aviso de caídas, copias diarias ou actualizacións máis frecuentes) son 10 €/mes, e unha tenda en liña WooCommerce suma desde 40 €/mes.

Non. Dásme de baixa cando queiras.

Restaúroa a partir da última copia limpa, actualízoa e reviso os accesos. Por iso as copias fóra do servidor son o máis importante do mantemento.

Si. Unha tenda precisa copias diarias, aviso de caídas e actualizacións frecuentes, así que o seu mantemento custa desde 40 €/mes máis ca o básico.

Si. Unha web pequena tamén usa WordPress e plugins, e un plugin sen actualizar é a porta de entrada máis habitual dos ataques. O plan básico está pensado xusto para estas webs.

Si. A túa web é túa: os accesos e os contidos seguen ao teu nome, e podes editala cando queiras.

Si, fago webs cos dous. Se a túa web usa outro construtor, revísoa antes de darche prezo.

Non ofrezo atención 24 horas. Segundo a urxencia, as incidencias adoito atendelas no mesmo día.

Antes de cada actualización fago unha copia de seguridade, así que sempre hai unha versión á que volver. Arranxar o fallo depende da causa: se vén dun plugin pirata, avísoche de que o tes, pero dos seus erros non me fago cargo.

Non. Os prezos son axustados porque unha web ben mantida rara vez cae, e cando pasa adoita ser por un fallo temporal dun plugin ao actualizar. O que vaia máis alá do mantemento órzocho antes.

Non. Os servizos adicionais súmanse ao mantemento básico, que é a base de todo.

Non, optimizar a velocidade é un traballo aparte, desde 250 €. Para darche orzamento preciso acceso ao teu WordPress.

Cóntame que queres conseguir

Ti cóntasme que queres conseguir e eu dígoche que web precisas para logralo. Enche o formulario ou chámame ao 881 35 25 91: respóndoche en menos de 24 horas laborables e, se xa tes web, revísoa antes de falar contigo.
Aviso legal e Política de privacidadeLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío. Ademais podo consultar a Política de privacidade e o Aviso legalLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Seño que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que incluín no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío.

Prefires que te chame?

Aviso legal e Política de privacidadeLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío. Ademais podo consultar a Política de privacidade e o Aviso legalLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío.