Acelera o teu proxecto dixital cun consultor e formador web
Consultoría e formación en WordPress, ao teu ritmo.
Guíote no desenvolvemento da túa web e fórmote para que poidas levala ti: desde escoller o hosting ata posicionala en Google.
Sesións en liña ou presenciais · A primeira reunión é de balde.
Atopas estes problemas no teu proxecto web?
Axúdoche a superalos con acompañamento e formación adaptada ao teu nivel.
Non sabes por onde empezar
WordPress, hosting, plugins… demasiadas opcións e pouca claridade.
Fáltanche coñecementos técnicos
Queres facer a túa web, pero atáscaste cos detalles técnicos.
Os resultados non chegan
Tes unha web, pero non atrae visitas nin consegue contactos.
Perdes tempo probando cousas
Sen un plan, cada día empezas pensando que facer. Mellor un plan sinxelo ca ningún.
Consultoría en desenvolvemento web
Se precisas unha web que funcione, que guste e que estea ben feita, pero non sabes por onde empezar ou atascaches, podo axudarche. A consultoría é asesoramento personalizado para que a túa web saia ben.
Que inclúe a consultoría?
Como funciona
Catro pasos, sen sorpresas:
1
Diagnóstico inicial
Analizo a túa idea, as túas necesidades e os teus obxectivos.
2
Plan á medida
Preparo un plan personalizado para a túa web.
3
Acompañamento e execución
Guíote en cada paso ou fago eu as melloras no teu WordPress.
4
Soporte e seguimento
Resolvo as túas dúbidas e fago axustes segundo o que precises.
Formación en tecnoloxía e emprendemento
Se prefires aprender a facelo ti, fórmote en WordPress, marketing dixital e SEO, ao teu ritmo e con exemplos do teu propio proxecto.
Que aprenderás comigo?
Xestión completa de WordPress
Desde a instalación ata a personalización avanzada.
Marketing dixital e SEO
Como atraer visitas e posicionar a túa web en Google.
Formación para emprendedores
Como lanzar un proxecto dixital e facelo medrar.
Obradoiros e sesións á medida
Formación individual ou en grupo, segundo o que precises.
Modalidades de formación
Cursos e obradoiros presenciais ou en liña
Para aprender desde onde queiras.
Sesións personalizadas 1 a 1
Formación adaptada ao teu ritmo e aos teus obxectivos.
Formación para empresas e equipos
Competencias dixitais para que o teu equipo lle saque partido á web.
Por que escollerme como consultor e formador web?
Escoller ben quen te acompaña marca a diferenza. Estas son as miñas razóns:
O meu obxectivo é que gañes autonomía, mellores a túa web e fagas medrar o teu negocio. Máis sobre min.
Os meus clientes
Non están todos os que son, pero si son todos os que están. Cada cliente é único para min e gústame crear relacións próximas e de confianza.
Opinións dos meus clientes
Son todas recensións reais de Google.
Emprendemento e marketing dixital no blog
Cóntame que queres conseguir
Ti cóntasme que queres conseguir e eu dígoche que precisas para logralo. Enche o formulario ou chámame ao 881 35 25 91: respóndoche en menos de 24 horas laborables.
Tamén me podes chamar ao 881 35 25 91
Prefires que te chame?















