Posicionamento SEO Galicia

Consultor SEO en Galicia: posicionamento web con método de axencia

Son Asier Epelde e traballo en tecnoloxía desde 2007. Desde Vedra, a un paso de Santiago, axudo a pemes e autónomos galegos a aparecer en Google cando os seus clientes os buscan. Tes o método e as ferramentas dunha axencia, pero falas sempre con quen fai o traballo.

Asier Epelde, especialista SEO en Galicia desde Vedra
A túa web mal posicionada é coma o home invisible: ninguén a ve

Os teus problemas de posicionamento SEO teñen solución

O home invisible é coma a web mal posicionada

Tes web pero non che chega ninguén

Moitas webs galegas publicáronse e ninguén as volveu tocar. Sen SEO, Google non ten motivos para amosalas.

Es invisible nas buscas locais

Os galegos buscan «fontaneiro na Coruña», «avogado Santiago», «restaurante Vigo»… Se non saís aí, non existes para o teu mercado natural.

Se queimas diñeiro en publicidade sen parar

Sen posicionamento orgánico dependes de Google Ads para cada visita. Cun bo posicionamento, o tráfico cualificado chega «de balde» mes tras mes.

Empresas de fóra ocupan o teu sitio en Google

Negocios de Madrid, Barcelona ou Bilbao con mellor SEO «rouban» clientes galegos que deberían ser teus. Sen posicionamento, perdes a túa vantaxe local.

Non deixes que a túa competencia
siga a quitarche clientes

Axencia ou consultor

Axencia SEO ou consultor SEO en Galicia?

Se buscas unha axencia SEO en Galicia, contóche algo antes de que sigas lendo: non son unha axencia, aínda que non traballo só, e iso ten vantaxes e límites.

Unha axencia dáche un equipo con varias especialidades e capacidade para proxectos grandes. Comigo falas sempre coa persoa que audita a túa web, escribe os teus textos e mide os resultados, sen comerciais polo medio.

Se o teu proxecto precisa un equipo amplo, con publicidade, deseño gráfico e redes á vez, direicho. Se es unha peme ou un autónomo que quere saír en Google, é xusto o que fago.

Que consegues

Posicionamento web en Galicia: o que cambia no teu negocio

Saír en Google por saír non serve de nada. Un bo posicionamento web pónte diante de quen busca xusto o que fas.

O importante é que esa visita remate nunha chamada, un correo ou unha venda.

Non hai milagres nin primeiros postos garantidos. O que si atoparás é método, constancia e resultados que podes comprobar ti mesmo. Isto é o que adoita cambiar nun negocio cando a súa web gaña visibilidade:

Imaxe de perfil de Asier Epelde, consultor SEO en Galicia.

Son Asier Epelde, consultor SEO en Galicia

Traballo desde Vedra, a un paso de Santiago de Compostela. Estou en tecnoloxía desde 2007 e desde 2019 dedícome ao desenvolvemento web con WordPress e á consultoría SEO.

Teño un Máster en Marketing Dixital pola UOC e sigo formándome en SEO con Peter Lead e DinoRank. Hoxe manteño unhas 35 webs de pemes e autónomos galegos, así que sei como buscan os seus clientes e onde se atascan as súas webs.

Formo parte de REAS Galicia, a rede de economía social e solidaria. Por iso a transparencia non é un eslogan: saberás que fago na túa web, como e por que. E se queres, ensínoche as ferramentas coas que traballo: DinoRank, SE Ranking e Google Search Console.

O traballo detrás dunha estratexia SEO de éxito

A miña metodoloxía de posicionamento SEO en Galicia

Search Console dun cliente real
Evolución das visitas orgánicas dun cliente

O SEO non é maxia, é método. Cada acción ten un propósito: facer que o teu negocio galego sexa a primeira opción cando buscan os teus servizos. E os resultados vénse mes a mes nas ferramentas de seguimento.

Como imos traballar xuntos?

  • Trato directo: chámasme, chámoche e, se estás preto, tomamos un café.
  • Con ferramentas profesionais veremos o que a simple vista o ollo non ve.
  • Serei totalmente transparente. O SEO non é sinxelo, pero explicareiche todo o que fago e ata as ferramentas que uso.
  • O SEO require tempo e constancia. Pode haber un traballo concreto que se resolva axiña, pero moitos requiren seguimento e levan o seu tempo.
  • A web é túa: accesos, contidos e datos sempre ao teu nome.
  • Ti coñeces o teu negocio mellor ca ninguén; eu poño o método.

SEO local na túa cidade

Traballo con negocios de toda Galicia: en persoa na zona de Santiago e da Coruña, e en remoto en Vigo, Pontevedra, Lugo ou Ourense.

Prezos do posicionamento web en Galicia

Traballo o posicionamento da túa web con ferramentas específicas. Prezo sen IVE e suxeito a unha valoración á medida da túa web e do teu proxecto.

SEO local coa ficha de Google

Posta a punto desde 250 € · Mantemento desde 150 €/mes

Para negocios que queren aparecer en Google Maps e no pack local cando buscan o seu servizo na súa cidade ou comarca.

SEO local coa ficha e web local

Posta a punto desde 500 € · Mantemento desde 500 €/mes

Todo o anterior, máis a optimización SEO da páxina do teu negocio ou dos teus servizos, para posicionar tamén nos resultados orgánicos.

Preguntas frecuentes sobre SEO en Galicia

Como orientación, o SEO local coa ficha de Google parte de 250 € de posta a punto e 150 € ao mes, e a ficha máis a web, de 500 € e 500 € ao mes (sen IVE). O prezo final depende do teu punto de partida, da competencia do teu sector e de se buscas clientes na túa zona ou en toda España. Antes de darche un orzamento fago unha análise gratuíta da túa web, para non venderche o que non precisas.

Os arranxos técnicos nótanse en semanas. As posicións en buscas con competencia adoitan tardar entre 3 e 6 meses, segundo a autoridade da túa web e o disputado que estea o teu sector.

Non, e desconfía de quen o faga. Google cambia e a túa competencia tamén traballa. O que si terás é método, traballo constante e datos claros cada mes.

De todo tipo: local, para negocios que buscan clientes na súa cidade ou comarca; nacional, para quen vende en toda España; para tendas en liña; e por localizacións, con páxinas para cada cidade á que queres chegar. Tamén fago auditorías puntuais e contidos. A maioría dos meus clientes son galegos, pero o posicionamento trabállase ben en remoto.

Se precisas un equipo grande que leve á vez publicidade, deseño e redes, unha axencia. Se es unha peme ou un autónomo que quere aparecer en Google, un consultor dáche o mesmo método con trato directo e sen pagar estrutura.

Case nunca. Primeiro audito a que tes. Só se hai un problema de base (moi lenta, sen adaptar ao móbil ou imposible de editar) propoñereiche refacela, e explicareiche por que. Se toca facela nova, tamén me encargo do deseño web en Galicia.

Si. Analizo como busca o teu público en galego e en castelán. En servizos, a maioría das buscas fanse en castelán, así que decidimos xuntos en que idioma convén posicionar cada páxina.

de balde e sen compromiso

Empeza pola túa análise SEO gratuíta

Cóntame a que te dedicas, onde está o teu negocio e que che gustaría conseguir. Nuns días envíoche unha análise inicial coas melloras máis importantes para a túa web.

Lin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Eu mesmo, Asier Epelde -44127580x-, son o responsable de facer un uso correcto da información que inclúes no formulario: non a usarei para nada máis que responder ao que me envíes.Lin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Eu mesmo, Asier Epelde, son o responsable de facer un uso correcto da información que inclúes no formulario: non a usarei para nada máis que responder ao que me envíes.