Deseño web na Coruña: páxinas WordPress á medida que funcionan

Non estás contento coa túa páxina web ou precisas unha?

Deseño páxinas web profesionais na Coruña con WordPress, creadas á medida para facer medrar o teu negocio. Webs pensadas para converter visitas en clientes.

Deseño web na Coruña para negocios que queren mellorar a súa presenza en liña

A túa web non reflicte o potencial do teu negocio?

Así faremos que a túa páxina web sexa rendible:

Deseño contigo unha páxina web que te represente.

A túa páxina web estará orientada a cumprir os teus obxectivos de negocio.

Se xa tes unha páxina web e non estás satisfeito, podo botarlle unha ollada e vemos o que hai que cambiar.

Deseño web profesional na Coruña - En Galegos Número 2

Que gaña o teu negocio cunha páxina web profesional

Isto é o que cambia cando a túa web está ben feita.

tren en galegos

Reforza a túa posición como marca líder

Un deseño web profesional e único mellora a percepción do teu negocio e proxecta unha imaxe sólida e fiable que axuda a posicionarte como referente no teu sector.

Aumenta as conversións e as vendas

Optimizo o deseño e a estrutura da túa web para guiar os visitantes cara a accións clave, como comprar, subscribirse ou contactar, para sacar o máximo dos resultados.

Gaña máis clientes

A túa páxina estará deseñada para gañar clientes, atraendo máis visitantes interesados nos teus servizos e aumentando o teu alcance.

Aforra tempo na xestión do teu negocio

Entrégoche unha web intuitiva e doada de xestionar, para que te centres no importante: facer medrar a túa empresa.

Constrúe confianza nos teus usuarios

Un sitio web seguro, rápido e ben estruturado xera credibilidade inmediata e aumenta a probabilidade de que os usuarios escollan os teus servizos.

Conecta co teu público en calquera dispositivo

Cun deseño web adaptable, garantes unha experiencia impecable aos teus clientes, accedan como accedan, e aumentas a súa satisfacción e fidelidade.

Deseñador web na Coruña ou axencia de deseño web: que che convén

Por que escoller En Galegos Número 2?

Unha axencia de deseño web reparte o teu proxecto entre comerciais, deseñadores e programadores. Comigo falas sempre coa mesma persoa, do primeiro bosquexo ao mantemento, e cando o proxecto o pide traballo con profesionais de confianza. Para a maioría de empresas e autónomos da Coruña iso significa decisións máis rápidas e un orzamento que vai á túa web, non á estrutura. Se o teu proxecto precisa un equipo grande, direicho e axudareiche a escoller.

Icona de asesoramento

Asesoramento

Constrúo contigo, non só para ti, para que a túa páxina web cumpra todos os estándares actuais, que che guste e, sobre todo, que cumpra os teus obxectivos.

Icona de contido que conecta

Contido que conecta

Crear o contido dunha páxina web non é escribir e listo. Axúdoche a que comuniquen con claridade e a optimizar todo o que se escribe sen perder a esencia.

Icona de marketing estratéxico

Marketing estratéxico

Analizar a túa competencia, os teus clientes e a túa contorna darranos moitísima información sobre como debes presentar o teu proxecto web no mercado. Paga a pena determe nisto.

Como desenvolvo a túa web WordPress á medida, paso a paso

Unha páxina web non é só un deseño bonito: ten que representarte e xerar negocio para ti.

Non parto dun modelo comprado ao que se lle cambian as cores. Deseño a estrutura da túa web a partir de como te contratan os teus clientes e constrúoa en WordPress, cos plugins xustos, para que cargue rápido e poidas editala ti sen medo a romper nada.

1. Análise inicial e consultoría personalizada

Empezamos falando, por teléfono, por videochamada ou en persoa. Quero entender que vendes, a quen e como te atopan hoxe os teus clientes. Reviso a túa web actual se a tes, a da túa competencia e o que se busca en Google sobre o teu sector na Coruña. Con iso propóñoche unha estrutura de páxinas e un orzamento pechado.

2. Deseño e desenvolvemento en WordPress

Preparo unha proposta visual e, cando te convence, constrúo a web nunha contorna local, fóra de internet, para traballar con calma e sen riscos. Normalmente uso WordPress con bloques nativos e os plugins imprescindibles: menos pezas significan unha web máis rápida, máis segura e máis doada de manter.

3. Revisión contigo e optimización

Antes de publicar nada, pásoche unha ligazón para que vexas a web tal e como quedará e me digas que cambiar. Mentres tanto, optimízoa: velocidade de carga, adaptación aos móbiles, SEO básico de cada páxina (títulos, descricións e estrutura) e formularios funcionando.

4. Publicación e seguimento

Co teu visto e prace, publico a web no teu dominio e revisámola xuntos xa en vivo. A partir de aí podes xestionala ti, ensínoche como, ou deixala nas miñas mans cun plan de mantemento: actualizacións, copias de seguridade e seguridade, para que siga funcionando coma o primeiro día.

Asier Epelde, desenvolvedor WordPress

Que inclúe a túa web: estratexia, SEO e mantemento

Unha web non remata o día que se publica.

Toda web que fago leva incluída unha base de estratexia e SEO, porque sen iso é un folleto bonito que ninguén atopa. A partir de aí, se queres ir máis lonxe, podo acompañarte con servizos específicos. Cóntocho claro para que saibas que pagas en cada caso.

páxina web na Coruña

1. Estratexia antes do deseño

Non fai falta un plan de marketing completo para ter unha boa web, pero si saber quen é o teu cliente, onde te busca, que fai a túa competencia e en que es mellor ca ela. Se xa o tes claro, partimos de aí. Se non, trabállamolo xuntos na primeira fase do proxecto.

2. SEO incluído desde o primeiro día

Cada páxina sae coa súa estrutura de encabezados, os seus títulos e descricións, URL limpas, imaxes optimizadas e unha carga rápida. Así Google entende a túa web desde o principio. Se ademais queres traballar o posicionamento a fondo e aparecer en Google Maps, iso xa é un servizo aparte: SEO local na Coruña.

3. Mantemento para que siga funcionando

WordPress, o tema e os plugins actualízanse constantemente, e unha web sen manter acaba sendo lenta ou insegura. Podes encargarte ti, e ensínoche como, ou deixalo nas miñas mans cun plan de mantemento e soporte WordPress: actualizacións, copias de seguridade, seguridade e alguén ao outro lado do teléfono cando algo falla.

Prezos estándar para páxinas web

Se o prezo é o que te frea, pregúntame igualmente.

Páxina sinxela

Desde 500 euros

Ideal para negocios e profesionais que precisan unha presentación clara tipo tarxeta, sen grandes necesidades de promoción.

  • A web cabe nunha páxina
  • Está feita á medida
  • Varias seccións na mesma URL
  • Formulario de contacto
  • Textos legais

Web profesional

Desde 900 euros

Para negocios que queren mostrar varios servizos ou produtos e ter unha presenza sólida en internet.

  • Páxinas internas de servizos e proxectos
  • Preparada para SEO
  • Podes xestionala ti
  • Search Console configurado e, se che achega, Google Analytics e Tag Manager
  • Vinculada a Google Business Profile

Tenda en liña con WooCommerce

Desde 1.490 euros

Para vender en liña os teus produtos, servizos ou reservas

  • Formas de pagamento
  • Xestión de envíos
  • Páxinas de produto
  • Xestión de pedidos e existencias
  • Preparada para SEO avanzado
  • Formación en vendas en liña

Prezos sen IVE. Non inclúen o dominio nin o aloxamento (hosting), que van sempre ao teu nome. Podo xestionalos eu ou podes facelo ti.

Por certo, son Asier Epelde, desenvolvedor WordPress en Vedra (A Coruña)

Traballo en tecnoloxía desde 2007 e fago webs desde 2019. Hoxe manteño unhas 35 webs de pemes e autónomos galegos.

A túa web non pasa de man en man: a persoa coa que falas o primeiro día é a mesma que a constrúe e a que che colle o teléfono cando o precisas. Así que falas directamente con quen deseña, programa e mantén a túa web: sen comerciais nin intermediarios.

E se queres saber que plugins uso, onde está aloxada a túa web ou por que tomo unha decisión técnica, explícocho. A túa web é túa e tes dereito a entendela.

Preto de ti

Deseño web na Coruña e na súa provincia

Traballo desde Vedra, a unha hora da Coruña, con negocios da cidade e de Oleiros, Arteixo, Culleredo ou Cambre. A maior parte do proxecto avanza por teléfono e videochamada, e cando fai falta vernos, desprázome a calquera recuncho da provincia.

Non teño oficina na cidade, pero si un teléfono que contesto eu e o costume de explicar as cousas sen tecnicismos. Tamén traballo con clientes do resto de Galicia e de fóra, aínda que onde mellor se traballa é preto da casa.

Proxectos web na Coruña e no resto de Galicia

Opinións reais dos meus clientes

Publicado en Google Google
Rocío Del Río Barquero profile picture
Rocío Del Río Barquero
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Lo único que puedo decir es que Asier es una persona maravillosa y que su calidad humana es difícil de encontrar hoy en día. Gracias por tu tiempo y dedicación.
Publicado en Google Google
Zocaminhoca Consumo Consciente Coruña profile picture
Zocaminhoca Consumo Consciente Coruña
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Estamos moi contentas co seu servizo.
Publicado en Google Google
ALTERAUDIO FUNDACION ALTER profile picture
ALTERAUDIO FUNDACION ALTER
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Estamos satisfechos con el resultado final y con el proceso de evolución de cómo fue el trabajo realizado. Todo suma. Desde el minuto cero... al objetivo conseguido. Gracias.
Publicado en Google Google
J. Ignacio Cru profile picture
J. Ignacio Cru
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Muy profesional en todo momento, con un servicio y atención que hace muy fácil dejarse orientar. Aunque sepas lo que buscas, sabe interpretar perfectamente lo que necesitas, adaptando tu idea a lo que se demanda en la actualidad en este tipo de herramientas de posicionamiento. Conocedor de técnicas web y SEO para tu negocio. Recomendable 100%
Publicado en Google Google
Sara Fernández profile picture
Sara Fernández
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Profesional serio y dedicado a su trabajo. Volveremos a contactar con él para futuros trabajos. Recomendado totalmente. Gracias Asier
Publicado en Google Google
Lucía González Pardo profile picture
Lucía González Pardo
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Excelente profesional, competente, atento y proactivo. Sin duda, sus servicios son 100% recomendables.
Publicado en Google Google
Carmen Sanchez profile picture
Carmen Sanchez
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Superó todas mis expectativas. Su creatividad, profesionalismo y atención al detalle, hicieron que el diseño fuese excepcional. Además se comunicó de manera eficiente y siempre disponible respondiendo mis inquietudes. Muchas gracias por su trabajo y su tiempo.
Publicado en Google Google
Diego M. Ariza Contreras profile picture
Diego M. Ariza Contreras
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Una fantástica experiencia, profesionalidad y confianza.
Publicado en Google Google
Dalia A profile picture
Dalia A
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Contactamos con el para que nos hiciera un proyecto. Muy profesional, atento y siempre cuidando de sus clientes. Quedamos encantados con el trabajo. Volveremos a trabajar con el y 100% recomendable.
Publicado en Google Google
Mónica López profile picture
Mónica López
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Fue genial trabajar con él, nos escuchó en todo momento y plasmó nuestras ideas. Estamos encantados.

Tamén traballo no resto de Galicia

Traballo desde Vedra con negocios de toda Galicia. Se estás preto, quedamos en persoa; se non, resolvémolo por teléfono ou videochamada co mesmo trato directo.

Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense

Tamén traballo con clientes do resto de Galicia. A distancia non cambia o método: proposta por escrito, ligazón de proba e unha persoa ao outro lado do teléfono.

Preguntas frecuentes sobre deseño web na Coruña

Máis arriba tes os prezos de partida de cada tipo de web (sen IVE). O orzamento final depende do que precises: seccións, tenda en liña, reservas ou textos. Despois dunha primeira conversa dóucho pechado e sen compromiso, para que saibas desde o principio o que vas pagar.

Unha web corporativa de 5 a 8 páxinas adoita estar lista en 4 a 8 semanas. O que máis influé no prazo é ter a tempo os textos e as fotos, e tamén che axudo con iso.

Non é necesario. Traballamos por teléfono e videochamada, e revisas a web nunha ligazón de probas desde o teu ordenador ou o teu móbil. Se prefires unha reunión en persoa na Coruña, organizámola.

Si. Constrúo con WordPress e editores visuais como Kadence ou Elementor, para que poidas cambiar textos e fotos ou publicar novas sen tocar código. Na entrega ensínoche a facelo.

Porque con WordPress a web é túa: podes cambiar de aloxamento ou de desenvolvedor cando queiras, non dependes da cota dunha plataforma e tes marxe para medrar con novas seccións ou unha tenda en liña.

Non, e prefiro contárcholo claro. Uso a IA como a usamos hoxe a maioría dos desenvolvedores: axúdame a programar funcións concretas, a revisar código e a preparar propostas visuais máis rápido. Ese tempo que me aforra dedícoo ao que non se pode delegar: entender o teu negocio, decidir como debe ser a túa web e falar contigo. A IA é unha ferramenta; as decisións e a responsabilidade sobre a túa web son miñas.

Revísoa e dígoche con franqueza que convén facer: ás veces abonda con mellorar textos, velocidade ou SEO, e outras sae máis a conta refacela. Non che vou vender unha web nova se non a precisas.

Non van incluídos no prezo porque se contratan sempre ao teu nome: así a web é túa e podes cambiar de provedor cando queiras. Se o prefires, encárgome eu de contratalos e renovalos.

O mantemento técnico (actualizacións de WordPress, tema e plugins, e copias de seguridade) parte de 125 € ao ano, e os cambios de contido, de 40 € a hora. Tes os detalles en mantemento e soporte WordPress.

Cóntame que queres conseguir

Ti cóntasme que queres conseguir e eu dígoche que web precisas para logralo. Enche o formulario ou chámame: respóndoche en menos de 24 horas laborables e, se xa tes web, revísoa antes de falar contigo.
Aviso legal e política de privacidadeLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde -DNI 44127580x- é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío. Ademais podo consultar a Política de privacidade e o Aviso legalLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío.

Prefires que te chame?

Aviso legal e Política de privacidadeLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío. Ademais podo consultar a Política de privacidade e o Aviso legalLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Seño que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que incluín no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío.