Deseño web urxente: a túa web publicada en 48–72 horas

Web premium con SEO desde o primeiro día.

Cando a precisas xa, non che vale calquera web. Fago a túa en WordPress con keyword research, 5 páxinas pensadas para Google e os textos legais, e publícoa en 48 a 72 horas laborables desde o pagamento.

Se non está publicada nese prazo, devólvoche o diñeiro. 1.200 € + IVE · Servizo suxeito a dispoñibilidade.

48–72 h

laborables desde o pagamento

5 + 3

páxinas pensadas para Google e páxinas legais

1 revisión

durante os 15 días seguintes

100 %

do diñeiro, se non chego a tempo

Carpinteiro consultando o seu portátil no taller

Precisas unha web xa?

Hai momentos nos que esperar catro ou seis semanas non é unha opción. Se te recoñeces nalgún destes, este servizo está pensado para ti:

  • Abres un negocio e xa tes clientes que te buscan en Google antes de que exista a túa web.
  • Tes unha feira, un evento ou unha campaña con data fixa e a web ten que estar lista antes.
  • Vas lanzar anuncios en Google ou en redes e precisas unha páxina á que mandar as visitas.
  • A túa web caéu ou perdíchela, e cada día sen ela é un día sen contactos.

Unha web rápida sen SEO é un escaparate nunha quella

Montar unha web nun día é doado: un modelo, catro textos e listo. O problema chega despois, cando ninguén a atopa. A maioría das webs exprés publícanse sen saber que busca o seu cliente en Google, con textos xenéricos e sen unha páxina pensada para cada busca.

Por iso esta non é unha web rápida calquera. Antes de escribir unha liña fago un keyword research con ferramentas profesionais: que busca o teu cliente, cantas veces, como o escribe e que fai a túa competencia. Con iso decido que traballa cada páxina. Rápida, si, pero preparada para que Google a entenda desde o primeiro día.

Un monitor amosa unha estatística con cero visitas

O que recibes

Non é un borrador nin unha maqueta: é unha web publicada, co teu dominio e lista para recibir clientes.

  • Keyword research do teu sector con ferramentas profesionais
  • 5 páxinas pensadas para Google, cada unha coa súa busca
  • Textos xerados con IA combinando os teus co keyword research, ou a partir do keyword research se non tes
  • Fotos túas, de bancos de imaxes ou xeradas con IA segundo o contido
  • Aviso legal, privacidade e cookies con textos estándar, que debe revisar o teu avogado ou asesor
  • Hosting e dominio contratados por min. Na folla de servizo queda por escrito que o dominio é teu
  • WordPress editable: cambias textos e fotos cando queiras
  • Formulario, WhatsApp e mapa para que te contacten
Dono dun negocio revisando a súa nova web no portátil

As 5 páxinas, unha a unha

1

Inicio

Que fas, para quen e por que escollerte, nunha ollada e cun botón claro para contactar.

2

Servizo

O teu servizo principal explicado como o busca o teu cliente. Se o prefires, vai dentro do inicio.

3

Quen somos

A túa historia, o teu equipo e o que te diferencia. É a páxina que dá confianza.

4

Contacto e onde estamos

Teléfono, formulario, WhatsApp, mapa e horario. Todo para que che escriban sen esforzo.

5

Páxina extra

Escóllea o keyword research: unha segunda páxina de servizo para outra busca con intención de compra ou unha de preguntas frecuentes.

As túas 72 horas, día a día

Prazo máximo en días laborables desde o pagamento. Se me envías o briefing, o logo e as fotos no momento de pagar, apuro todo o que podo.

Día 133%

Arrancamos

Pagas e empeza a contar o prazo. Envíoche un cuestionario curto de briefing e, co que me contes, fago o keyword research e decido a estrutura: que busca traballa cada unha das 5 páxinas.

Día 266%

Deseño e textos

Monto a web en WordPress co teu logo e as túas cores, xero os textos combinando os teus datos co keyword research, preparo as fotos e as páxinas legais, e conecto o formulario e WhatsApp.

Día 3100%

Publicación

Reviso móbil, velocidade e ligazóns, publico a web co teu dominio e pásoche os accesos. A partir de aí tes 15 días para pedirme a revisión incluída.

Rápida, si. Pero non calquera web rápida

Hai tres formas de ter unha web en poucos días. Esta é a diferenza:

Modelo «faino ti»

Wix, Canva ou similares

  • Rápida de montar
  • Fáila ti, co teu tempo
  • Sen keyword research
  • Textos xenéricos
  • Sen garantía de prazo

Web exprés sen SEO

A que ofrece case todo o mundo

  • Rápida
  • Fánchela
  • Sen keyword research
  • Unha soa páxina ou páxinas sen busca detrás
  • Prezo e prazo pouco claros

Web urxente premium

Este servizo

  • Publicada en 48–72 horas laborables
  • Keyword research profesional
  • 5 páxinas, cada unha coa súa busca
  • Prezo pechado: 1.200 € + IVE
  • Se non chego a tempo, devólvoche o diñeiro

Prezo e garantía

Un prezo pechado, un prazo pechado e a garantía por escrito.

Web urxente premium

1.200 € + IVE

Keyword research, 5 páxinas pensadas para Google e páxinas legais, con hosting e dominio. Publicada en 48–72 horas laborables desde o pagamento.

Garantía de prazo

Ou devólvoche o diñeiro

Se non está publicada e editable en 48–72 horas laborables desde o pagamento, devólvoche o diñeiro. Para poder garantilo, o hosting e o dominio contrátoos eu.

O que garanto

Que a túa web estea publicada e editable en 48–72 horas laborables desde o pagamento. Se non, devólvoche o diñeiro. A garantía cobre o prazo, non os gustos: o que queiras cambiar axústase na revisión, que podes pedir durante 15 días.

Por que o hosting e o dominio os poño eu

Porque é a única forma de comprometerme co prazo. Se prefires usar un dominio que xa tes, fágoo igual, pero o cambio de DNS depende de terceiros e nese caso non hai garantía de prazo. Na folla de servizo queda por escrito que o dominio é teu.

O que non entra en 48–72 horas

Unha tenda en liña con catálogo, varios idiomas ou conexións con outros programas precisan máis tempo. Pódense engadir despois, con calma, cando a web xa estea a traer contactos.

Que preciso de ti

Canto antes mo envíes, antes despegamos. Con isto abóndame:

  • Un briefing: que fas, para quen e que te diferencia. Pásoche un cuestionario curto que se responde en dez minutos.
  • O teu logo e as túas fotos, se os tes. Se non, uso fotos de bancos de imaxes ou xeradas con IA.
  • Os teus datos de contacto: teléfono, correo, enderezo e horario.
  • Os teus textos, se xa os tes escritos. Combínoos co keyword research. Se non, xéroos eu.
Bloques de madeira coa conta atrás 3, 2, 1 e a palabra launch

Webs que fixen

Estou preparando os primeiros exemplos deste servizo. Mentres tanto, estas son algunhas webs que deseñei:

Web urxente 1

Proximamente: aquí verás unha web feita con este servizo, co seu prazo real.

Web urxente 2

Proximamente: aquí verás unha web feita con este servizo, co seu prazo real.

Portada da Malva Ecosocial

La Malva Ecosocial

Mockup da web da Asociación La PEKA

Asociación La PEKA

Montaxe de mockups

Euroriesgo

Asier Epelde

Quen fará a túa web

Son Asier Epelde. Traballo en tecnoloxía desde 2007 e fago webs desde 2019. Falas sempre comigo, da primeira chamada á publicación: sen comerciais nin intermediarios.

Ademais de webs, traballo o SEO e o marketing dixital de pemes e autónomos. Por iso a túa web urxente sae co que precisa para que Google a entenda, e non só con boa pinta. Máis sobre min.

Opinións dos meus clientes

Son todas recensións reais de Google.

Publicado en Google Google
Rocío Del Río Barquero profile picture
Rocío Del Río Barquero
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Lo único que puedo decir es que Asier es una persona maravillosa y que su calidad humana es difícil de encontrar hoy en día. Gracias por tu tiempo y dedicación.
Publicado en Google Google
Zocaminhoca Consumo Consciente Coruña profile picture
Zocaminhoca Consumo Consciente Coruña
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Estamos moi contentas co seu servizo.
Publicado en Google Google
ALTERAUDIO FUNDACION ALTER profile picture
ALTERAUDIO FUNDACION ALTER
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Estamos satisfechos con el resultado final y con el proceso de evolución de cómo fue el trabajo realizado. Todo suma. Desde el minuto cero... al objetivo conseguido. Gracias.
Publicado en Google Google
J. Ignacio Cru profile picture
J. Ignacio Cru
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Muy profesional en todo momento, con un servicio y atención que hace muy fácil dejarse orientar. Aunque sepas lo que buscas, sabe interpretar perfectamente lo que necesitas, adaptando tu idea a lo que se demanda en la actualidad en este tipo de herramientas de posicionamiento. Conocedor de técnicas web y SEO para tu negocio. Recomendable 100%
Publicado en Google Google
Sara Fernández profile picture
Sara Fernández
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Profesional serio y dedicado a su trabajo. Volveremos a contactar con él para futuros trabajos. Recomendado totalmente. Gracias Asier
Publicado en Google Google
Lucía González Pardo profile picture
Lucía González Pardo
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Excelente profesional, competente, atento y proactivo. Sin duda, sus servicios son 100% recomendables.
Publicado en Google Google
Carmen Sanchez profile picture
Carmen Sanchez
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Superó todas mis expectativas. Su creatividad, profesionalismo y atención al detalle, hicieron que el diseño fuese excepcional. Además se comunicó de manera eficiente y siempre disponible respondiendo mis inquietudes. Muchas gracias por su trabajo y su tiempo.
Publicado en Google Google
Diego M. Ariza Contreras profile picture
Diego M. Ariza Contreras
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Una fantástica experiencia, profesionalidad y confianza.
Publicado en Google Google
Dalia A profile picture
Dalia A
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Contactamos con el para que nos hiciera un proyecto. Muy profesional, atento y siempre cuidando de sus clientes. Quedamos encantados con el trabajo. Volveremos a trabajar con el y 100% recomendable.
Publicado en Google Google
Mónica López profile picture
Mónica López
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Fue genial trabajar con él, nos escuchó en todo momento y plasmó nuestras ideas. Estamos encantados.

Preguntas frecuentes sobre deseño web urxente

Desde o pagamento, en días laborables. Se me envías o briefing, o logo e as fotos nese momento, empezo a traballar ao instante e apuro todo o que podo.

Devólvoche o diñeiro. A garantía é que a web estea publicada e editable dentro do prazo.

Tes unha revisión incluída, que podes pedir durante os 15 días seguintes á publicación. A garantía cobre o prazo, non os gustos: o que queiras cambiar axústase nesa revisión.

Xéroos con IA combinando os teus textos co keyword research. Se non tes textos, xéroos eu con IA a partir do keyword research. Se queres textos escritos a man desde cero, é outro servizo e outro prazo.

É o estudo do que busca o teu cliente en Google: que palabras usa, cantas veces e que páxinas aparecen. Con el decido que traballa cada unha das 5 páxinas, para que a túa web non sexa só bonita, senón atopable.

Para garantir o prazo, o hosting e o dominio contrátoos eu, e na folla de servizo queda por escrito que o dominio é teu. Se prefires usar un dominio que xa tes, fágoo igual, pero o cambio de DNS depende de terceiros e nese caso non hai garantía de prazo.

Son textos estándar de aviso legal, privacidade e cookies. Cada negocio ten as súas particularidades, así que debe revisalos o teu avogado ou asesor.

Si. A web está feita en WordPress e déixoche os accesos para que cambies textos e fotos cando queiras. Se prefires que me encargue eu, tes o mantemento WordPress.

Non en 48–72 horas. Unha tenda con catálogo e pagamentos precisa máis tempo para facela ben. Podemos empezar coa web urxente e engadir a tenda despois.

É un servizo suxeito a dispoñibilidade. Escríbeme e dígoche axiña se podo empezar xa.

Cóntame para cando a precisas

Dime que fas e a túa data límite, e contéstoche axiña coa dispoñibilidade.

Tamén me podes chamar ao 881 35 25 91

Aviso legal e Política de privacidadeLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío. Lin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío.

Prefires que te chame?

Aviso legal e Política de privacidadeLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío. Lin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío.