Mantemento web WordPress en Galicia
Encárgome de que a túa web WordPress estea actualizada, con copias de seguridade e vixiada, para que ti te ocupes do teu negocio. Manteño unhas 35 webs, sen permanencia e cun só interlocutor: se algo falla, escríbesme a min.
Que inclúe o mantemento da túa web WordPress
Unha web WordPress precisa coidados, como calquera ferramenta de traballo. WordPress, o tema e os plugins publican actualizacións de seguridade cada pouco tempo, e unha web sen copias de seguridade é unha web que se pode perder. Isto é o que fago:
Actualizacións de WordPress, tema e plugins
Actualizo WordPress, o tema e os plugins dúas veces ao mes. Se a túa web o precisa, fágoo cada semana ou mesmo a diario.
Copias de seguridade dentro e fóra do servidor
O teu hosting garda unha copia diaria e eu gardo outra fóra do servidor: cada mes nunha web de servizos e cada semana nunha tenda en liña. Se a túa web cambia moito, fago copias diarias ou varias ao día.
Seguridade e malware
Traballo con hostings que vixian o malware e uso ferramentas de escaneo nas webs que manteño. Aínda así, a mellor defensa é unha boa copia de seguridade: se unha web se infecta, restaúroa a unha versión limpa.
Aviso se a túa web cae
Se a túa web deixa de funcionar, chégame un aviso ao momento. Compróboa coa frecuencia que precise o teu negocio, ata cada 5 minutos.
Informe mensual
Cada mes envíoche un informe co traballo feito e o estado da túa web.
Soporte directo
Escríbesme ou chámasme a min, sen centraliñas. Segundo a urxencia, as incidencias adoito atendelas no mesmo día. Non ofrezo atención 24 horas.
Plans e prezos do servizo de mantemento WordPress
Prezos sen IVE. Sen permanencia: dásme de baixa cando queiras.
Mantemento básico
Para webs de servizos que cambian pouco. Actualizacións cada 15 días, copia diaria do hosting, copia mensual fóra do servidor e informe mensual.
Servizos adicionais
Aviso de caídas · Copias diarias fóra do servidor · Actualizacións máis frecuentes. Por exemplo, unha web de servizos con aviso de caídas: 125 €/ano + 10 €/mes.
Tenda en liña WooCommerce
Unha tenda precisa copias diarias, aviso de caídas e actualizacións frecuentes, porque cada pedido e cada fallo contan.
Cambios de contido
Textos, imaxes, páxinas novas ou axustes de deseño cando os precises.
A túa web precisa outra cousa? Prepároche un mantemento á medida.
A túa web non a fixen eu?
Tamén manteño webs WordPress feitas por outros profesionais. Antes de empezar reviso como está: versións, plugins, copias de seguridade e hosting. Se está ben, empezamos. Se está tan desactualizada que mantela sae máis caro ca refacela, dígocho con franqueza e vemos se che convén unha web nova.
Como empezamos
1. Reunión de presentación
Cóntasme como é a túa web e que precisas.
2. Acceso á web
Dásme acceso para poder traballar nela.
3. Revisión e posta a punto
Reviso como está e déixoa ao día.
4. Rutina de mantemento
Entra nas actualizacións, as copias e o informe mensual.
Se na revisión aparece algo que arranxar, órzocho e, se é posible, resólvoo antes de empezar. Unha web que xa chega rota non pode entrar en mantemento tal cal.
Hosting, dominio e correo
Se o precisas, encárgome do hosting, do dominio e das contas de correo, e trato eu co provedor. Ti non tes que pelexar con ningunha asistencia técnica.
Hostings de confianza
Só traballo con hostings de boas prestacións e unha asistencia que responde. Non son os máis baratos: un hosting económico pode tardar horas en resolver unha incidencia, e diso non me podo facer responsable.
Desde uns 60 € ao ano
É o que custa un hosting deste tipo. Se levo o mantemento da túa web, xestionalo non che custa nada máis.
Sempre ao teu nome
Aínda que eu contrate o hosting e o dominio, son teus: se un día marchas, transfírochos. Sen preguntas.
Quen mantén a túa web
Son Asier Epelde, desenvolvedor web WordPress en Galicia
Traballo en tecnoloxía desde 2007 e fago webs desde 2019. Hoxe combino o desenvolvemento con WordPress, o SEO e o marketing dixital para pemes e autónomos de Galicia. Coñece máis sobre min
Formeime en disciplinas técnicas, pero tamén en SEO e marketing, para ofrecer páxinas web que respondan a cada obxectivo.
Cando unha web falla, o que precisas é alguén que manteña a calma e a arranxe. Son unha persoa tranquila, traballo ben baixo presión e vou directo á solución: unha incidencia non me agobia, póñome con ela ata resolvela.
Todas as páxinas deben ter miles de visitas e miles de vendas? Ás veces a páxina web non é a solución para un negocio
Mantemento web na Coruña, Santiago e toda Galicia
Traballo con negocios de toda Galicia: A Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra, Ourense e Vigo. O mantemento faise a distancia, así que dá igual onde estea o teu negocio. Se ademais precisas unha web nova, mira deseño web na Coruña ou deseño web en Santiago de Compostela.