Consultor SEO na Coruña

SEO local e posicionamento SEO na Coruña

Axudo a comercios, despachos, clínicas, talleres e hostalaría da Coruña e a súa área a saír en Google Maps e nos resultados de busca cando un cliente busca o que fan. Trato directo: quen te atende é quen fai o traballo.

Empeza cunha auditoría SEO de balde

Se non te atopan, chaman ao do lado

Catro problemas que vexo unha e outra vez en negocios da Coruña

Ficha de Google dun negocio optimizada para SEO local
Unha ficha de Google completa e ben traballada.

Non saís en Google Maps

Buscan «fisioterapeuta na Coruña» ou «taller en Arteixo» e Google amosa tres fichas. Se a túa está a medio facer, sen fotos nin recensións recentes, non estás entre elas.

Hai moita competencia no teu sector

A Coruña é o mercado máis grande de Galicia: en case calquera sector hai decenas de negocios pelexando polas mesmas tres fichas do mapa. Gaña quen coida a súa ficha e a súa web, non quen leva máis anos aberto.

A túa web leva anos parada

Publicouse, funcionou un tempo e ninguén a volveu tocar. Google prefire webs vivas, rápidas e con contido que responda ao que se busca hoxe na Coruña.

Dependes de plataformas e anuncios

Portais, directorios ou Google Ads: cada cliente que chega por aí cústache unha comisión ou un clic. O posicionamento orgánico traballa para ti sen pagar por cada visita.

Que te atopen a ti,
non á túa competencia

Axencia ou consultor

Axencia SEO ou consultor SEO na Coruña?

Na Coruña hai moitas axencias SEO, e se buscas unha tes onde escoller. Eu traballo doutra maneira: son consultor independente e colaboro con outros profesionais cando un proxecto o pide.

A diferenza está no trato. Aquí non hai un comercial que che vende e un técnico ao que non coñeces: a mesma persoa revisa a túa ficha, escribe os textos da túa web e explícache os resultados. E se fai falta, quedamos na Coruña.

Se o teu proxecto precisa á vez campañas, deseño gráfico e redes sociais con moito volume, direiche con franqueza que che convén unha axencia. Se tes un comercio, un despacho, unha clínica ou un restaurante na Coruña e queres que te atopen, iso é xusto o que fago.

Ficha de Google e web

Que inclúe o posicionamento web na Coruña

Traballo o SEO local en dous frontes: a túa ficha de Google, que decide se saís no mapa, e a túa web, que decide se saís nos resultados de embaixo.

Podes empezar só pola ficha ou traballar as dúas cousas á vez. O que buscamos nos dous casos é o mesmo: chamadas, visitas ao teu local e contactos.

Non che prometo o primeiro posto, porque ninguén honesto pode facelo. Isto é o que si fago para que te atopen na Coruña:

Asier Epelde, consultor SEO na Coruña

Son Asier Epelde, consultor SEO na Coruña e a súa área

Traballo en tecnoloxía desde 2007 e fago webs desde 2019. Coñezo ben a realidade da cidade da Coruña, o seu mercado e os seus barrios, e desprázome a ela a miúdo.

Teño un Máster en Marketing Dixital pola UOC e sigo formándome en SEO con Peter Lead e DinoRank. Como ademais programo as webs, o SEO técnico resólvoo eu mesmo, sen depender de terceiros nin de esperas.

Son membro de REAS Galicia, a rede de economía social e solidaria, e traballo con esa lóxica: explícoche que fago, por que e con que ferramentas o mido, para que nunca dependas de min para entender a túa propia ficha nin a túa propia web.

Negocios e entidades da Coruña cos que traballo

Na Coruña traballo con clientes como LMT Abogados, Cáritas Interparroquial da Coruña ou a cooperativa de consumo Zocaminhoca, entre outros.

Publicado en Google Google
Rocío Del Río Barquero profile picture
Rocío Del Río Barquero
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Lo único que puedo decir es que Asier es una persona maravillosa y que su calidad humana es difícil de encontrar hoy en día. Gracias por tu tiempo y dedicación.
Publicado en Google Google
Zocaminhoca Consumo Consciente Coruña profile picture
Zocaminhoca Consumo Consciente Coruña
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Estamos moi contentas co seu servizo.
Publicado en Google Google
ALTERAUDIO FUNDACION ALTER profile picture
ALTERAUDIO FUNDACION ALTER
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Estamos satisfechos con el resultado final y con el proceso de evolución de cómo fue el trabajo realizado. Todo suma. Desde el minuto cero... al objetivo conseguido. Gracias.
Publicado en Google Google
J. Ignacio Cru profile picture
J. Ignacio Cru
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Muy profesional en todo momento, con un servicio y atención que hace muy fácil dejarse orientar. Aunque sepas lo que buscas, sabe interpretar perfectamente lo que necesitas, adaptando tu idea a lo que se demanda en la actualidad en este tipo de herramientas de posicionamiento. Conocedor de técnicas web y SEO para tu negocio. Recomendable 100%
Publicado en Google Google
Sara Fernández profile picture
Sara Fernández
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Profesional serio y dedicado a su trabajo. Volveremos a contactar con él para futuros trabajos. Recomendado totalmente. Gracias Asier
Publicado en Google Google
Lucía González Pardo profile picture
Lucía González Pardo
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Excelente profesional, competente, atento y proactivo. Sin duda, sus servicios son 100% recomendables.
Publicado en Google Google
Carmen Sanchez profile picture
Carmen Sanchez
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Superó todas mis expectativas. Su creatividad, profesionalismo y atención al detalle, hicieron que el diseño fuese excepcional. Además se comunicó de manera eficiente y siempre disponible respondiendo mis inquietudes. Muchas gracias por su trabajo y su tiempo.
Publicado en Google Google
Diego M. Ariza Contreras profile picture
Diego M. Ariza Contreras
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Una fantástica experiencia, profesionalidad y confianza.
Publicado en Google Google
Dalia A profile picture
Dalia A
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Contactamos con el para que nos hiciera un proyecto. Muy profesional, atento y siempre cuidando de sus clientes. Quedamos encantados con el trabajo. Volveremos a trabajar con el y 100% recomendable.
Publicado en Google Google
Mónica López profile picture
Mónica López
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Fue genial trabajar con él, nos escuchó en todo momento y plasmó nuestras ideas. Estamos encantados.

Paso a paso

Como traballo o posicionamento SEO na Coruña

Search Console dun cliente real
Evolución das visitas orgánicas dun cliente

Na Coruña, moitos negocios compiten polas mesmas tres fichas do mapa. Para estar entre elas non fai falta maxia: fai falta método, constancia e medir ben.

Como imos traballar xuntos?

  • Trato directo: chámasme, chámoche, e a primeira reunión pode ser no teu negocio na Coruña; despois seguimos por teléfono ou videochamada.
  • Con ferramentas profesionais veremos o que a simple vista o ollo non ve.
  • Serei totalmente transparente. O SEO non é sinxelo, pero explicareiche todo o que fago e ata as ferramentas que uso.
  • O SEO leva tempo. Algunhas melloras da ficha nótanse en semanas; posicionar en buscas disputadas leva uns meses.
  • A túa ficha e a túa web son túas: accesos, contidos e datos sempre ao teu nome.
  • Ti coñeces o teu negocio mellor ca ninguén; eu poño o método.
Pide a túa auditoría de balde

SEO local na Coruña e na súa área metropolitana

Traballo con negocios da cidade e dos concellos da contorna. Cada zona ten as súas buscas e a súa competencia.
Tamén fago SEO local en Santiago de Compostela

Tamén

Mapa da Coruña

Se o teu negocio está na Coruña

Do Ensanche a Monte Alto, dos Mallos a Matogrande ou Os Rosales: traballo a túa ficha e a túa web para que aparezas na parte da cidade onde están os teus clientes. A túa web precisa algo máis ca SEO?

Ficha de Google dun negocio

Se estás na área metropolitana

Arteixo, Oleiros, Culleredo, Cambre, Sada ou Bergondo: desde fóra da cidade tamén se compite polas buscas da Coruña, e explícoche con claridade ata onde chega a túa ficha segundo onde estea o teu negocio. Se buscas clientes máis alá, mira o SEO en toda Galicia.

Prezos do SEO local na Coruña

Traballo o posicionamento da túa web con ferramentas específicas. Prezo sen IVE e suxeito a unha valoración á medida da túa web e do teu proxecto.

SEO local coa ficha de Google

Posta a punto desde 250 € · Mantemento desde 150 €/mes

Para negocios que queren aparecer en Google Maps e no pack local cando buscan o seu servizo na Coruña.

SEO local coa ficha e web local

Posta a punto desde 500 € · Mantemento desde 500 €/mes

Todo o anterior, máis a optimización SEO da páxina do teu negocio ou dos teus servizos, para posicionar tamén nos resultados orgánicos.

Preguntas frecuentes sobre SEO local na Coruña

Tes os prezos orientativos xusto arriba. O prezo pechado dóuchelo despois da auditoría gratuíta, segundo como estean hoxe a túa ficha e a túa web.

Unha ficha de Google descoidada adoita empezar a moverse en poucas semanas, en canto se completa e chegan recensións. As posicións orgánicas en buscas disputadas da Coruña, que son case todas, tardan entre 3 e 6 meses.

Si. Desprázome a miúdo á Coruña: a primeira reunión pode ser no teu negocio e o seguimento facémolo por teléfono ou videochamada. O SEO local trabállase igual de ben en remoto.

Depende da busca e da distancia. Google dá prioridade aos negocios próximos a quen busca, así que unha ficha en Oleiros compite ben no leste da cidade e peor no oeste. Para o demáis está a web, que non depende da distancia. Na auditoría dígoche onde podes competir e onde non.

A ficha fáiche aparecer en Google Maps e no bloque de tres negocios que sae arriba. O SEO da web posiciónate nos resultados de embaixo e en buscas máis concretas. Funcionan mellor xuntos, pero pódese empezar só pola ficha.

Os anuncios traen visitas desde o primeiro día, pero só mentres pagas. O SEO tarda máis e segue traballando cando deixas de investir. Para moitos negocios da Coruña o sensato é empezar pola ficha e usar Google Ads en momentos concretos. Se os precisas, tamén xestiono campañas.

Axuda, si. Esas respostas apóianse en boa parte nas mesmas fontes: a túa ficha, as túas recensións, a túa web e o que se di de ti noutros sitios. Un negocio ben traballado en Google ten moitas máis opcións de que tamén o recomenden aí, aínda que ninguén pode garantilo.

Si. Na Coruña búscase sobre todo en castelán, pero non igual en todos os sectores. Miro como te buscan a ti e decidimos xuntos o idioma da túa ficha e de cada páxina.

de balde e sen compromiso

Pide a túa auditoría SEO gratuíta

Dime que negocio tes e en que zona da Coruña traballas. Nuns días envíoche unha auditoría da túa ficha e da túa web co máis importante que melloraría, e dígoche que nivel che convén.

Lin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Eu mesmo, Asier Epelde -44127580x-, son o responsable de facer un uso correcto da información que inclúes no formulario: non a usarei para nada máis que responder ao que me envíes.Lin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Eu mesmo, Asier Epelde, son o responsable de facer un uso correcto da información que inclúes no formulario: non a usarei para nada máis que responder ao que me envíes.