Consultor SEO en Santiago

Posicionamento web e SEO en Santiago de Compostela

Axudo a comercios, despachos, clínicas e aloxamentos de Santiago e a súa comarca a saír en Google Maps e nos resultados de busca cando un cliente busca o que fan. Trato directo: quen te atende é quen fai o traballo.

Para empezar fágoche unha auditoría SEO de balde e sen compromiso. Despois ti decides

Se non te atopan, chaman ao do lado

Catro problemas que vexo unha e outra vez en negocios de Santiago

pack local inventado
Exemplo do que amosa Google ao buscar unha ferraxaría en Santiago.

Non saís en Google Maps

Buscan «ferraxaría en Santiago» ou «taller no Milladoiro» e Google amosa tres fichas. Se a túa está a medio facer, sen fotos nin recensións recentes, non estás entre elas.

Gánache un negocio da comarca

En Santiago a túa competencia non está só na cidade: tamén en Ames, Teo ou Brión. Quen coida a súa ficha e a súa web quédase cos clientes de toda a zona.

A túa web leva anos parada

Publicouse, funcionou un tempo e ninguén a volveu tocar. Google prefire webs vivas, rápidas e con contido que responda ao que se busca hoxe en Santiago.

Dependes de plataformas e anuncios

Portais de reservas, directorios ou Google Ads: cada cliente que chega por aí cústache unha comisión ou un clic. O posicionamento orgánico traballa para ti sen pagar por cada visita.

Que te atopen a ti,
non á túa competencia

axencia seo en santiago

Axencia SEO ou consultor en Santiago de Compostela?

En Santiago hai boas axencias SEO, e se buscas unha tes onde escoller. Eu traballo doutra maneira: son consultor independente e colaboro con outros profesionais cando un proxecto o pide.

A diferenza está no trato. Aquí non hai un comercial que che vende e un técnico ao que non coñeces: a mesma persoa revisa a túa ficha, escribe os textos da túa web e explícache os resultados. E se fai falta, quedamos en Santiago.

Se o teu proxecto precisa á vez campañas, deseño gráfico e redes sociais con moito volume, direiche con franqueza que che convén unha axencia. Se tes un comercio, un despacho, unha clínica ou un aloxamento e queres que te atopen, iso é xusto o que fago.

Ficha de Google e web

Que inclúe o posicionamento web en Santiago

Traballo o SEO local en dous frontes: a túa ficha de Google, que decide se saís no mapa, e a túa web, que decide se saís nos resultados de embaixo.

Podes empezar só pola ficha ou traballar as dúas cousas á vez. O que buscamos nos dous casos é o mesmo: chamadas, visitas ao teu local e contactos.

Non che prometo o primeiro posto, porque ninguén honesto pode facelo. Isto é o que si fago para que te atopen en Santiago:

Asier Epelde, consultor SEO en Santiago e a súa comarca

Son Asier Epelde, consultor SEO en Santiago e a súa comarca

Vivo e traballo en Vedra e estudei Historia na USC, así que Santiago coñézoo desde hai moitos anos. Traballo en tecnoloxía desde 2007 e fago webs desde 2019, con WordPress e SEO.

Teño un Máster en Marketing Dixital pola UOC e sigo formándome en SEO con Peter Lead e DinoRank. Como ademais programo as webs, o SEO técnico resólvoo eu mesmo, sen depender de terceiros nin de esperas.

Son membro de REAS Galicia, a rede de economía social e solidaria, e traballo con esa lóxica: explícoche que fago, por que e con que ferramentas o mido, para que nunca dependas de min para entender a túa propia ficha nin a túa propia web.

Paso a paso

Como traballo o posicionamento web en Santiago

Search Console dun cliente real
Evolución real dun cliente: de case non recibir visitas a vender cada día desde a súa web.

En Santiago, moitos negocios compiten polas mesmas tres fichas do mapa. Para estar entre elas non fai falta maxia: fai falta método, constancia e medir ben.

Como imos traballar xuntos?

  • Trato directo: chámasme, chámoche e, se estás en Santiago, vémonos no teu negocio ou tomamos un café.
  • Con ferramentas profesionais veremos o que a simple vista o ollo non ve.
  • Serei totalmente transparente. O SEO non é sinxelo, pero explicareiche todo o que fago e ata as ferramentas que uso.
  • O SEO leva tempo. Algunhas melloras da ficha nótanse en semanas; posicionar en buscas disputadas leva uns meses.
  • A túa ficha e a túa web son túas: accesos, contidos e datos sempre ao teu nome.
  • Ti coñeces o teu negocio mellor ca ninguén; eu poño o método.
Pide a túa auditoría de balde

SEO local en Santiago e a súa comarca

Traballo en persoa con negocios da cidade e dos concellos da contorna. Cada zona ten as súas buscas e a súa competencia.
Tamén fago SEO local na Coruña

Santiago de Compostela

Se o teu negocio está en Santiago

Do Ensanche á Zona Vella, de Conxo a Fontiñas ou San Lázaro: traballo a túa ficha e a túa web para que aparezas na parte da cidade onde están os teus clientes. A túa web precisa algo máis ca SEO?

comarca- SEO en Santiago de Compostela

Se estás na comarca

Milladoiro, Bertamiráns, Teo, Brión, Boqueixón ou Vedra: desde fóra da cidade tamén se compite polas buscas de Santiago, e explícoche con claridade ata onde chega a túa ficha segundo onde estea o teu negocio. Se buscas clientes máis alá, mira o SEO en toda Galicia.

Prezos do posicionamento web en Santiago de Compostela

Traballo o posicionamento da túa web con ferramentas específicas. Prezo sen IVE e suxeito a unha valoración á medida da túa web e do teu proxecto.

SEO local coa ficha de Google

Posta a punto desde 250 € · Mantemento desde 150 €/mes

Para negocios que queren aparecer en Google Maps e no pack local cando buscan o seu servizo en Santiago.

SEO local coa ficha e web local

Posta a punto desde 500 € · Mantemento desde 500 €/mes

Todo o anterior, máis a optimización SEO da páxina do teu negocio ou dos teus servizos, para posicionar tamén nos resultados orgánicos.

Preguntas frecuentes sobre posicionamento web en Santiago

Tes os prezos orientativos xusto arriba. O prezo pechado dóuchelo despois da auditoría gratuíta, segundo como estean hoxe a túa ficha e a túa web.

Unha ficha de Google descoidada adoita empezar a moverse en poucas semanas, en canto se completa e chegan recensións. As posicións orgánicas en buscas disputadas de Santiago tardan entre 3 e 6 meses.

Depende da busca e da distancia. Google dá prioridade aos negocios próximos a quen busca, así que unha ficha en Teo compite ben no sur da cidade e peor no norte. Para o demáis está a web, que non depende da distancia. Na auditoría dígoche onde podes competir e onde non.

A ficha fáiche aparecer en Google Maps e no bloque de tres negocios que sae arriba. O SEO da web posiciónate nos resultados de embaixo e en buscas máis concretas. Funcionan mellor xuntos, pero pódese empezar só pola ficha.

Os anuncios traen visitas desde o primeiro día, pero só mentres pagas. O SEO tarda máis e segue traballando cando deixas de investir. Para moitos negocios de Santiago o sensato é empezar pola ficha e usar Google Ads en momentos concretos. Se os precisas, tamén xestiono campañas.

Axuda, si. Esas respostas apóianse en boa parte nas mesmas fontes: a túa ficha, as túas recensións, a túa web e o que se di de ti noutros sitios. Un negocio ben traballado en Google ten moitas máis opcións de que tamén o recomenden aí, aínda que ninguén pode garantilo.

Si. En Santiago búscase en castelán e en galego, e non igual en todos os sectores. Miro como te buscan a ti e decidimos xuntos o idioma da túa ficha e de cada páxina.

de balde e sen compromiso

Pide a túa auditoría SEO gratuíta

Dime que negocio tes e en que zona de Santiago traballas. Nuns días envíoche unha auditoría da túa ficha e da túa web co máis importante que melloraría, e dígoche que nivel che convén.

Lin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Eu mesmo, Asier Epelde -44127580x-, son o responsable de facer un uso correcto da información que inclúes no formulario: non a usarei para nada máis que responder ao que me envíes.Lin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Eu mesmo, Asier Epelde, son o responsable de facer un uso correcto da información que inclúes no formulario: non a usarei para nada máis que responder ao que me envíes.