Marketing dixital en Galicia para pemes e autónomos
Sei que emprender é un reto. As longas horas, o esforzo e os recursos limitados fan que o marketing dixital pareza inalcanzable. Pero non ten por que ser así: convirto as túas ideas en resultados medibles cun plan de marketing dixital feito á túa medida. E todo desde Galicia.
Os meus clientes
Non están todos os que son, pero si son todos os que están. Cada cliente é único e irremprazable para min. Gústame crear relacións próximas e de confianza.
Estas son algunhas opinións reais que deixaron en Google
Mellora a comunicación dixital do teu negocio en Galicia
O que non funciona (e seguramente xa sofres)
Son accións que poucas veces chegan a bo porto. Por iso convén parar e definir unha estratexia.
Investir sen medir
Pagas unha web, unhas campañas ou un community manager, pero non sabes que che trae clientes e que non.
Depender dunha soa canle
Todo pasa por Instagram ou polo boca a boca, e se un mes falla, non tes nada máis.
Improvisar cada semana
Sen un plan, cada día decides que publicar ou que probar, e iso esgota e non suma.
1. Diagnóstico da situación
Antes de deseñar un plan de marketing dixital, hai que pararse a observar a realidade do negocio. Moitas veces detéctase un problema (falta de clientes, pouca visibilidade en liña, campañas que non converten), pero non se analizan as súas causas. Sen ese diagnóstico, as accións converténse en parches que consomen tempo e recursos sen dar resultados. Por iso empezo cunha análise DAFO da túa presenza dixital no mercado galego, para identificar as túas vantaxes fronte a outros negocios da zona.
Faremos xusto o que precisas, nin máis nin menos.
Que vou facer?
Nesta fase convirto os datos en claridade. O diagnóstico non se queda en observar: interpreta e dá respostas prácticas, en tres pasos.
Análise DAFO
Reviso a túa web, a túa ficha de Google, as túas redes e a túa competencia, e ordeno nunha matriz as túas debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades.
Conclusións baseadas en datos
Apoio cada conclusión en datos reais: a túa analítica, o que buscan os teus clientes en Google e o que fai a túa competencia. Nada de intuicións.
Medidas de mellora
Do diagnóstico saen medidas concretas e ordenadas por prioridade: que corrixir xa, que preparar a medio prazo e que pode esperar.
2. Definición de obxectivos e estratexia
Un plan de marketing sen obxectivos claros é só unha lista de desexos. Despois do diagnóstico, o seguinte paso é fixar metas alcanzables e medibles, e trazar a estratexia que servirá de guía. Aquí traduzo a información nun camiño definido: que queres lograr, como o imos medir e que pancas moveremos no mercado dixital galego para diferenciar o teu negocio.
Enfoque estratéxico
Non abonda con pensar que hai que vender máis. Constrúo contigo un marco realista que conecta os teus recursos cos teus obxectivos, en tres pasos:
Definición de obxectivos SMART
Determino metas específicas, medibles, alcanzables, relevantes e con prazos definidos. Así saberás en todo momento cara a onde dirixir o teu esforzo.
Estratexia de posicionamento e diferenciación
Defino a proposta de valor que fará que a túa marca destaque en Galicia fronte á competencia, integrando SEO, contidos e redes sociais.
Priorización de accións e canles
Non se trata de estar en todas partes, senón nos lugares axeitados. Selecciono as canles e tácticas con máis impacto no teu negocio, sen dispersar recursos.
3. Que inclúe o teu plan de marketing dixital
Antes de traballar a comunicación, sexa na web, en redes sociais ou en campañas de publicidade, hai que definir unha estratexia a curto, medio e longo prazo. O plan parte do diagnóstico e dos teus obxectivos, e convérteos nun documento que podes usar desde o primeiro día.
Un documento completo, adaptado ao teu negocio:
Datos antes ca opinións
Cada decisión apóiase en datos: o que buscan os teus clientes en Google, o que fai a túa competencia e o que di a túa analítica. Uso ferramentas profesionais de SEO e analítica, e ensínoche de onde sae cada conclusión.
Coñezo o mercado galego
Traballo con pemes e autónomos de Galicia e sei que aquí non sempre se busca nin se compra como no resto de España. O teu plan fálalles aos teus clientes, non a un público xenérico.
Un plan realista
Ademais de facer plans, desenvolvo webs, traballo o SEO e xestiono campañas de Google Ads. Sei o que custa cada acción en tempo e en diñeiro, así que o plan axústase aos teus recursos reais, non aos dunha gran empresa.
Transparente e feito contigo
Explícoche cada decisión para que a entendas e poidas defendela. Construímolo xuntos nas sesións de traballo, e ao final o plan é teu: sen dependencias nin letra pequena.
Un caso real: empresa turística na Ribeira Sacra
O punto de partida. Unha empresa de experiencias turísticas con marca nova, orzamento limitado e unha tempada moi marcada: no inverno, demanda case cero. Dependía de Google Ads, tiña as redes sen actividade, non traballaba a súa ficha de Google e non tiña base de datos de clientes.
Diagnóstico
Contorna, competencia e DAFO. A súa vantaxe real non estaba no prezo, senón na súa localización e en como lles contan o territorio aos seus clientes.
Prioridades por canle
Primeiro Google Ads e a ficha de Google, despois recensións e redes, e o SEO para depender menos da publicidade a medio prazo.
Público
Perfil do visitante da zona e tres buyer persona. Unha delas abría unha canle que non estaban a traballar: as axencias de viaxes.
Execución
Dous escenarios de orzamento, calendario desde a pretempada, cadro de mando semanal e unha lista de accións para a primeira semana, cada unha de menos de dúas horas.
O resultado: a falta de mes e medio para acabar a tempada, a empresa xa atendeu un 80 % máis de visitantes que o ano anterior e aumentou a súa facturación na mesma proporción. Non todo é mérito do plan: influén o tempo, o momento turístico da zona e, sobre todo, o traballo do equipo. Pero o plan deulles algo que non tiñan: saber que facer primeiro, onde investir e como medir se funcionaba.
Son Asier Epelde e fago plans de marketing dixital desde Galicia
Traballo en tecnoloxía desde 2007 e fago webs desde 2019. Hoxe xestiono proxectos como este e Respaldo Seguro.
Son licenciado en Historia, con formación en Ciencias Empresariais, un MBA, un Máster en Marketing Dixital pola UOC e formación avanzada en SEO con Peter Lead.
Non só fago marketing: entendo como funciona a túa empresa.
Artigos de marketing dixital no blog
Canto custa un plan de marketing dixital?
O prezo final depende do tamaño do teu negocio e das canles que haxa que analizar. Confírmocho por escrito antes de empezar, sen sorpresas.
Plan de marketing dixital completo
Tela lista en dous ou tres meses, construído contigo e non ás túas costas.

Preguntas frecuentes sobre o plan de marketing dixital
O que adoitan preguntarme as pemes e os autónomos antes de empezar. Se a túa dúbida non está aquí, escríbeme e contéstoche eu.














