Posicionamento SEO Galicia
Consultor SEO en Galicia: posicionamento web con método de axencia
Son Asier Epelde e traballo en tecnoloxía desde 2007. Desde Vedra, a un paso de Santiago, axudo a pemes e autónomos galegos a aparecer en Google cando os seus clientes os buscan. Tes o método e as ferramentas dunha axencia, pero falas sempre con quen fai o traballo.

Os teus problemas de posicionamento SEO teñen solución
Tes web pero non che chega ninguén
Moitas webs galegas publicáronse e ninguén as volveu tocar. Sen SEO, Google non ten motivos para amosalas.
Es invisible nas buscas locais
Os galegos buscan «fontaneiro na Coruña», «avogado Santiago», «restaurante Vigo»… Se non saís aí, non existes para o teu mercado natural.
Se queimas diñeiro en publicidade sen parar
Sen posicionamento orgánico dependes de Google Ads para cada visita. Cun bo posicionamento, o tráfico cualificado chega «de balde» mes tras mes.
Empresas de fóra ocupan o teu sitio en Google
Negocios de Madrid, Barcelona ou Bilbao con mellor SEO «rouban» clientes galegos que deberían ser teus. Sen posicionamento, perdes a túa vantaxe local.
Non deixes que a túa competencia
siga a quitarche clientes
Axencia SEO ou consultor SEO en Galicia?
Se buscas unha axencia SEO en Galicia, contóche algo antes de que sigas lendo: non son unha axencia, aínda que non traballo só, e iso ten vantaxes e límites.
Unha axencia dáche un equipo con varias especialidades e capacidade para proxectos grandes. Comigo falas sempre coa persoa que audita a túa web, escribe os teus textos e mide os resultados, sen comerciais polo medio.
Se o teu proxecto precisa un equipo amplo, con publicidade, deseño gráfico e redes á vez, direicho. Se es unha peme ou un autónomo que quere saír en Google, é xusto o que fago.
Posicionamento web en Galicia: o que cambia no teu negocio
Saír en Google por saír non serve de nada. Un bo posicionamento web pónte diante de quen busca xusto o que fas.
O importante é que esa visita remate nunha chamada, un correo ou unha venda.
Non hai milagres nin primeiros postos garantidos. O que si atoparás é método, constancia e resultados que podes comprobar ti mesmo. Isto é o que adoita cambiar nun negocio cando a súa web gaña visibilidade:
Atrae clientes que xa están a buscar os teus servizos
O teu negocio aparece xusto cando buscan os teus servizos na Coruña, Santiago, Vigo ou calquera parte de España. Menos esforzo en convencer, máis tempo atendendo clientes interesados.
Xera confianza e autoridade antes da primeira chamada
As empresas mellor posicionadas percíbense como máis fiables. Unha estratexia SEO ben executada fará que os usuarios vexan o teu negocio como líder.
Visitas que non pagas unha a unha
A diferenza da publicidade de pagamento, o SEO ofrece beneficios a longo prazo. Unha vez posicionado, seguirás xerando tráfico e clientes.
Domina o teu mercado local antes ca a competencia
En Galicia, destacar nos resultados de busca local pode ser a chave para gañar cota de mercado. Con SEO, adiantarásllelos aos teus competidores e atraerás máis clientes da túa zona.
Rendibiliza a túa páxina web
Se ata agora apenas lle sacaches partido á túa web, cunha boa estratexia SEO e un pouco de paciencia poderás obter unha rendibilidade que non imaxinas.
Resultados que podes ver
Cada mes amosoche posicións, visitas e contactos con datos de Search Console e outras ferramentas. Sen información de recheo.
Son Asier Epelde, consultor SEO en Galicia
Traballo desde Vedra, a un paso de Santiago de Compostela. Estou en tecnoloxía desde 2007 e desde 2019 dedícome ao desenvolvemento web con WordPress e á consultoría SEO.
Teño un Máster en Marketing Dixital pola UOC e sigo formándome en SEO con Peter Lead e DinoRank. Hoxe manteño unhas 35 webs de pemes e autónomos galegos, así que sei como buscan os seus clientes e onde se atascan as súas webs.
Formo parte de REAS Galicia, a rede de economía social e solidaria. Por iso a transparencia non é un eslogan: saberás que fago na túa web, como e por que. E se queres, ensínoche as ferramentas coas que traballo: DinoRank, SE Ranking e Google Search Console.
O traballo detrás dunha estratexia SEO de éxito
A miña metodoloxía de posicionamento SEO en Galicia
Auditorías SEO completas
Analizo a túa web para detectar erros técnicos, mellorar a estrutura e optimizar o rendemento. Amosareiche o que hai que arranxar.
Busca de palabras chave con intención
Identifico os termos que buscan os teus clientes potenciais e incorpóroos estratexicamente.
Creación e optimización de contido para posicionar
Redacto textos de calidade que acheguen valor e estean optimizados para os motores de busca.
SEO técnico para que Google «lea» ben a túa web
Melloro velocidade, estrutura, móbiles, datos estruturados… Todo o que Google precisa ver para confiar na túa web e subila nos resultados.
SEO local e ligazóns
Optimizo a túa ficha de Google, coido as recensións e consigo mencións e ligazóns de webs relevantes, sen técnicas penalizables.
Seguimento e mellora continua con datos reais
Monitorizo posicións, tráfico e conversións cada mes. Vexo que funciona, que hai que axustar e como seguir subindo posicións.
Como imos traballar xuntos?
SEO local na túa cidade
Traballo con negocios de toda Galicia: en persoa na zona de Santiago e da Coruña, e en remoto en Vigo, Pontevedra, Lugo ou Ourense.
Se a túa empresa está na Coruña
Coñezo ben a realidade da cidade da Coruña, o seu mercado e os seus barrios. Desprázome a ela a miúdo. Axúdoche a aparecer cando buscan o teu servizo na cidade e na súa área.
Se es de Santiago de Compostela
Estou a un paso de Santiago, así que podemos vernos cando faga falta. Posiciono negocios da cidade e da súa comarca: Milladoiro, Bertamiráns, Teo, Ames ou Vedra.
Prezos do posicionamento web en Galicia
Traballo o posicionamento da túa web con ferramentas específicas. Prezo sen IVE e suxeito a unha valoración á medida da túa web e do teu proxecto.
SEO local coa ficha de Google
Posta a punto desde 250 € · Mantemento desde 150 €/mes
Para negocios que queren aparecer en Google Maps e no pack local cando buscan o seu servizo na súa cidade ou comarca.
SEO local coa ficha e web local
Posta a punto desde 500 € · Mantemento desde 500 €/mes
Todo o anterior, máis a optimización SEO da páxina do teu negocio ou dos teus servizos, para posicionar tamén nos resultados orgánicos.
Preguntas frecuentes sobre SEO en Galicia
de balde e sen compromiso
Empeza pola túa análise SEO gratuíta
Cóntame a que te dedicas, onde está o teu negocio e que che gustaría conseguir. Nuns días envíoche unha análise inicial coas melloras máis importantes para a túa web.