Deseño web en Galicia con WordPress

Webs con WordPress que traen clientes para pemes e autónomos galegos

Deseño e desenvolvemento de páxinas web en Galicia para pemes e autónomos que precisan que a súa web traia clientes, non só que quede bonita. Traballo con WordPress e son o teu único interlocutor: falas sempre comigo, desde o primeiro bosquexo ata o mantemento.

Asier Epelde

A túa páxina web non che trae clientes?

Moitas webs vense ben, pero non funcionan: ninguén as atopa, non se entende que ofrecen e levan anos sen tocarse. Non é culpa túa. Case nunca che explicaron para que tiña que servir a túa web.

Dono dun negocio frustrado porque a súa páxina web non lle trae clientes

Non se entende que ofreces

Se en cinco segundos o visitante non sabe que fas e para quen, vaise. E adoita irse á túa competencia.

Google non te atopa

Unha web sen estrutura nin textos pensados para o que busca o teu cliente non aparece en Google. E o que non aparece, non vende.

Ninguén a mantén

Plugins sen actualizar, contidos de hai anos e sustos de seguridade. A web vaise apagando, e con ela a confianza de quen a visita.

Sóache algún destes problemas?

O primeiro que fago é revisar a túa web e dicirche que falla, sen compromiso.

Deseño de páxinas web en Galicia pensadas para vender

Tanto se empezas de cero como se xa tes web, créoa ou refágoa para que conecte cos teus clientes e che dea resultados. Estas son algunhas das que fixen:

A túa web conectada co teu SEO e os teus anuncios

Non fago webs illadas. Antes de deseñar, miro que queres conseguir e como encaixa a web co teu SEO, os teus anuncios ou as túas redes, para que todo empurre na mesma dirección.

Deseño WordPress pensado para conseguir clientes

Cada páxina ten un obxectivo: que te chamen, que che escriban ou que che compren. Dá igual que sexa unha web corporativa, unha tenda en liña ou unha landing page: deséñoa para que quen a visite saiba que facer.

WordPress á medida, sen modelos xenéricos

Non uso modelos que serven tanto para un roto coma para un descosido. Constrúo cada web a partir dun deseño propio, para que se pareza ao teu negocio e non ao do veciño.

Pensada para Google desde o primeiro día

A estrutura, os textos e a velocidade forman parte do proxecto desde o principio, non se engaden ao final. Así a túa web nace preparada para posicionar.

Se buscas unha páxina web profesional que funcione de verdade, non te conformes cun modelo.
Creo webs únicas, con estratexia, deseño e acompañamento real

Webs que fixen para negocios galegos

Adegas, tendas en liña, colexios, despachos de avogados, asociacións e pequenos negocios. Estes son algúns dos proxectos nos que traballei:

Como creo a túa páxina web, paso a paso

Sen sorpresas: sabes en cada momento en que punto está a túa web e que vén despois.

1. Falamos e reviso o que tes

Non fai falta que chegues con todo claro. Ti cóntasme que queres conseguir (captar clientes, vender en liña, que te atopen en Google) e eu propóñoche que tipo de web precisas e con que orzamento.

2. Envíoche a proposta por escrito

Que páxinas terá a web, que inclúe, canto custa e en que prazos. Así os dous sabemos desde o principio que imos facer.

3. Deseño antes de construír

Preparo un bosquexo das páxinas principais para que vexas como será a túa web antes de comezar a desenvolvela.

4. Desenvolvemento e revisas nunha ligazón de proba

Constrúo a web nunha contorna de probas e pásoche unha ligazón para que a revises con calma. Todos os proxectos inclúen dúas roldas de cambios.

5. Publicación e entrega

Publico a web no teu dominio, revisámola xuntos e entrégoche os accesos. A web é túa: accesos, contidos e datos sempre ao teu nome.

6. Mantemento

Despois de publicala sigo ao teu carón: actualizacións, copias de seguridade e seguridade, para que a túa web non se apague co tempo.

Que inclúe o proxecto da túa páxina web?

Todo o necesario para que a túa web funcione desde o primeiro día, sen ter que buscar a ninguén máis.

Deseño e desenvolvemento web á medida

Web corporativa, de servizos ou landing page, deseñada para o teu negocio e construída en WordPress para que poidas medrar con ela.

Tenda en liña

Se vendes por internet, monto a túa tenda con WooCommerce: catálogo, pagamentos, envíos e impostos configurados para que comeces a vender.

Preparada para posicionar

Estrutura, títulos, descricións e velocidade traballados para Google desde o principio. Se despois queres ir máis alá, axúdoche co posicionamento SEO.

Dominio e hosting

Encárgome de contratalos e renovalos con provedores con servidores en España, para que non teñas que pelexar con nada técnico.

Mantemento web WordPress

Actualizacións, copias de seguridade e vixilancia de seguridade para que a túa web siga funcionando e non quede obsoleta.

Ensínoche a manexala

Explícoche como cambiar textos, fotos ou novas pola túa conta. A túa web non ten por que depender de min para o pequeno.

Estás listo para ter unha web adaptada ao teu negocio?

Quen fará a túa web

Son Asier Epelde, desenvolvedor WordPress freelance en Galicia. Traballo en tecnoloxía desde 2007 e fago webs desde 2019, con WordPress, para pemes, autónomos e asociacións galegas.

Veño da economía social e actualmente formo parte de REAS Galicia.

Falas sempre comigo

Se buscas unha empresa de deseño web en Galicia, ofrézoche o mesmo sen a estrutura de axencia: non hai comerciais nin intermediarios. Cando escribes, contéstache quen fai a túa web.

Explícoche o que fago

Podes saber exactamente que fago coa túa web e como o fago. Sen xerga e sen caixas negras.

Se non podo, dígocho

Se o teu proxecto precisa algo que non fago ou un equipo máis grande, direicho e recomendareiche a quen poida facelo.

Traballo con WordPress e Kadence, optimizo a velocidade con LiteSpeed Cache e manteño as webs con ModularDS. Máster en Marketing Dixital (UOC) e formación continua en SEO.

Deseño e desenvolvemento web na Coruña, Santiago e toda Galicia

Traballo desde Vedra, a un paso de Santiago, con negocios de toda Galicia. Se estás preto, quedamos en persoa; se non, resolvémolo por teléfono ou videochamada co mesmo trato directo.

Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense

Tamén traballo con clientes do resto de Galicia. A distancia non cambia o método: proposta por escrito, ligazón de proba e unha persoa ao outro lado do teléfono.

O que din os meus clientes

Son todas recensións reais de Google.

Publicado en Google Google
Rocío Del Río Barquero profile picture
Rocío Del Río Barquero
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Lo único que puedo decir es que Asier es una persona maravillosa y que su calidad humana es difícil de encontrar hoy en día. Gracias por tu tiempo y dedicación.
Publicado en Google Google
Zocaminhoca Consumo Consciente Coruña profile picture
Zocaminhoca Consumo Consciente Coruña
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Estamos moi contentas co seu servizo.
Publicado en Google Google
ALTERAUDIO FUNDACION ALTER profile picture
ALTERAUDIO FUNDACION ALTER
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Estamos satisfechos con el resultado final y con el proceso de evolución de cómo fue el trabajo realizado. Todo suma. Desde el minuto cero... al objetivo conseguido. Gracias.
Publicado en Google Google
J. Ignacio Cru profile picture
J. Ignacio Cru
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Muy profesional en todo momento, con un servicio y atención que hace muy fácil dejarse orientar. Aunque sepas lo que buscas, sabe interpretar perfectamente lo que necesitas, adaptando tu idea a lo que se demanda en la actualidad en este tipo de herramientas de posicionamiento. Conocedor de técnicas web y SEO para tu negocio. Recomendable 100%
Publicado en Google Google
Sara Fernández profile picture
Sara Fernández
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Profesional serio y dedicado a su trabajo. Volveremos a contactar con él para futuros trabajos. Recomendado totalmente. Gracias Asier
Publicado en Google Google
Lucía González Pardo profile picture
Lucía González Pardo
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Excelente profesional, competente, atento y proactivo. Sin duda, sus servicios son 100% recomendables.
Publicado en Google Google
Carmen Sanchez profile picture
Carmen Sanchez
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Superó todas mis expectativas. Su creatividad, profesionalismo y atención al detalle, hicieron que el diseño fuese excepcional. Además se comunicó de manera eficiente y siempre disponible respondiendo mis inquietudes. Muchas gracias por su trabajo y su tiempo.
Publicado en Google Google
Diego M. Ariza Contreras profile picture
Diego M. Ariza Contreras
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Una fantástica experiencia, profesionalidad y confianza.
Publicado en Google Google
Dalia A profile picture
Dalia A
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Contactamos con el para que nos hiciera un proyecto. Muy profesional, atento y siempre cuidando de sus clientes. Quedamos encantados con el trabajo. Volveremos a trabajar con el y 100% recomendable.
Publicado en Google Google
Mónica López profile picture
Mónica López
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Fue genial trabajar con él, nos escuchó en todo momento y plasmó nuestras ideas. Estamos encantados.

Erros habituais ao contratar o deseño web

Escoller só polo prezo

Unha web barata que non trae clientes sae cara. Douche o prezo por escrito desde o principio e explícoche que inclúe cada cousa.

Non definir o alcance

Se non está claro cantas páxinas ten a web nin que funcións leva, o proxecto alóngase e aparecen custos que ninguén agardaba. A miña proposta detállao todo antes de empezar.

Deixar o SEO para despois

Refacer unha web para que Google a entenda custa máis que facela ben desde o principio. A estrutura, os textos e a velocidade tráballolos desde o bosquexo.

Contratar a quen só executa

Se ninguén cuestiona o que pides, acabas coa web que pediches, non coa que precisas. O meu traballo é dicirche que funciona, aínda que non sexa o que tiñas en mente.

Prezos de deseño web en Galicia

Prezos de partida, sen letra pequena. O orzamento final dóucho pechado.

Páxina sinxela

Desde 500 euros

Ideal para negocios e profesionais que precisan unha presentación clara tipo tarxeta, sen grandes necesidades de promoción.

  • A web cabe nunha páxina
  • Está feita á medida
  • Varias seccións na mesma URL
  • Formulario de contacto
  • Textos legais

Web profesional

Desde 900 euros

Para negocios que queren mostrar varios servizos ou produtos e ter unha presenza sólida en internet.

  • Páxinas internas de servizos e proxectos
  • Preparada para Google
  • Podes xestionala ti
  • Con estatísticas de visitas
  • Vinculada a Google Business Profile

E-commerce

Desde 1.490 euros

Para vender en liña os teus produtos, servizos ou reservas

  • Formas de pagamento
  • Xestión de envíos
  • Páxinas de produto
  • Xestión de pedidos e existencias
  • Preparada para SEO avanzado
  • Formación en vendas en liña

Prezos para profesionais sen IVE. Non inclúen o dominio nin o aloxamento, que van sempre ao teu nome: podo xestionalos eu ou podes facelo ti.

Preguntas frecuentes sobre deseño web en Galicia

Cada proxecto é á medida, así que é difícil dar un prezo pechado sen coñecelo. Como orientación: unha landing page parte duns 500 €, a web dunha peme ou dun autónomo, desde 900 €, e unha tenda en liña ou un portal corporativo grande pode chegar a varios miles (prezos + IVE). Despois da primeira conversa envíoche unha proposta por escrito co prezo pechado.

Unha landing page, entre dúas e tres semanas; a web dunha peme, entre catro e oito; unha tenda en liña, de dous a tres meses. O prazo depende moito de que os textos e as fotos estean listos a tempo, así que che axudo a preparalos desde o principio. Se non podes esperar, teño un servizo de deseño web urxente: a túa web publicada en 48–72 horas laborables desde o pagamento.

O que mellor coñeces: o teu negocio. Preciso o teu logo, fotos se as tes e a información dos teus servizos ou produtos. Se non tes textos, axúdoche a escribilos a partir dunha conversa.

Túa. O dominio e o aloxamento contrátanse ao teu nome, tes acceso de administrador e, se algún día queres levala a outro sitio, douche todo o necesario para facelo.

Empeza o mantemento: actualizacións, copias de seguridade e vixilancia de seguridade para que a túa web non quede obsoleta. E segues tendo o meu teléfono para o que precises.

Si. Primeiro revísoa: se a base é boa, mellórola; se arrastra problemas de fondo, explícoche por que convén refacela e que se pode aproveitar.

Si. Traballo en galego e en castelán, e podo montar a túa web nos dous idiomas, ou en máis se os precisas.

Fíxate menos nos anos que leva e máis no que fixo: pide ver webs reais, pregunta que resultados conseguiron e comproba que cargan rápido no móbil. Logo mira como te trata desde a primeira conversa: se te escoita e te cuestiona, ou se só che pasa un prezo. E antes de asinar, pide a proposta por escrito: que páxinas terá a web, que inclúe, canto custa, en que prazo e que pasa despois de publicala, co dominio e a web ao teu nome. É xusto o que che envío eu no paso 2.

Cóntame que queres conseguir

Ti cóntasme que queres conseguir e eu dígoche que web precisas para logralo. Enche o formulario ou chámame: respóndoche en menos de 24 horas laborables e, se xa tes web, revísoa antes de falar contigo.
Aviso legal e política de privacidadeLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde -DNI 44127580x- é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío. Ademais podo consultar a Política de privacidade e o Aviso legalLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío.

Prefires que te chame?

Aviso legal e Política de privacidadeLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Sei que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que inclúo no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío. Ademais podo consultar a Política de privacidade e o Aviso legalLin e acepto a política de privacidade e Protección de datos. Seño que Asier Epelde é o responsable de facer un uso correcto da información que incluín no formulario: non a usará para nada máis que responder ao que lle envío.