Deseño web para entidades sociais en Galicia
Deseño web para ONG e asociacións
Unha web que explica a vosa causa e fai doado sumarse a ela.
Deseño páxinas web para asociacións, fundacións, ONG e cooperativas: claras, transparentes, doadas de actualizar polo voso equipo e pensadas para que a xente done, se faga socia ou se apunte ao voluntariado.
Veño da economía social e levo anos traballando con entidades como Cáritas Coruña ou La PEKA. Podedes visitar as súas webs antes de falar comigo.
Sóavos algunha destas situacións?
O primeiro que fago é revisar a vosa web e dicirvos que falla, sen compromiso.
A web fíxoa un voluntario e ninguén sabe tocala
Funcionou un tempo, pero quen a montou xa non está, as novas son de hai anos e ninguén se atreve a cambiar nada.
Non se entende que facedes nin como axudar
Quen chega non ve á primeira a vosa causa, os vosos proxectos nin como doar, facerse socio ou colaborar.
A transparencia está nun caixón
Estatutos, memorias e contas existen, pero non están publicados onde os buscan socios, doadores e financiadores.
Páxinas web para asociacións, fundacións e ONG pensadas para sumar apoios
A web dunha entidade non ten que impresionar: ten que transmitir confianza, explicar para que existides e facilitar que a xente actúe.

A vosa causa, clara á primeira
Quen sodes, a quen axudades e que conseguides, contado sen xerga e con fotos reais do voso traballo.
Transparencia que dá confianza
Unha sección propia para estatutos, memorias anuais, contas, equipo e financiadores, doada de manter ao día.
Doar, asociarse ou colaborar en dous clics
Botóns claros para facer unha doazón, facerse socio ou apuntarse ao voluntariado, tamén desde o móbil.
Doada de actualizar polo voso equipo
Novas, axenda e proxectos publicádelos vos, sen depender de ninguén. E se queredes máis visibilidade, tamén me encargo do posicionamento SEO.
Quen fará a web da vosa entidade
Son Asier Epelde, desenvolvedor WordPress en Galicia. Traballo en tecnoloxía desde 2007 e fago webs con WordPress desde 2019. É o mesmo método co que fago todo o meu deseño web en Galicia.
Veño da economía social
Fun socio fundador dunha cooperativa de consultoría informática e formo parte de REAS Galicia. Coñezo como se decide e se traballa nunha entidade.
Falades sempre comigo
Non hai comerciais nin intermediarios. Cando o proxecto o pide, traballo con profesionais de confianza, como fotógrafos ou desenvolvedores, pero o voso interlocutor son eu.
Explícovos todo
Creo na democracia do coñecemento: cóntovos que fago e por que, para que a web non dependa de min. Máis sobre min.
Algúns exemplos de webs nas que traballei
Asociacións, fundacións e ONG con necesidades distintas. Podedes visitar as súas webs antes de falar comigo.
Cáritas Interparroquial da Coruña
Traballamos xuntos desde hai moitos anos. En 2019 migrei a súa web de Joomla a WordPress e redeseñeina. Desde entón manteñoa e publico os artigos e novidades que me envían. Ver o proxecto
Asociación La PEKA
Asociación estatal de usuarios de vehículos vivenda. A súa web en WordPress.com quedara pequena: fixen un portal novo, migrei todo o contido antigo e manteñoo xunto con persoas da propia asociación. Ver o proxecto
Amigas da Terra
Organización ecoloxista galega coa que traballo na súa nova web. Ademais de manter a súa páxina vella, dediqueime a crear o seu portal web. Ver a súa web
Zocaminhoca
É unha cooperativa de consumo con sede na Coruña que fornece produtos de proximidade a decenas de familias. Ver a súa web
Tamén confiaron en min a Fundación Labaca, a Fundación Piñeiro Pose, a Fundación Alter, a Asociación Bande, Salgueiriños de Consumo S. Coop. Galega, o Sindicato Independente e Profesional de Profesores de Relixión e o GDR Pontevedra Morrazo.
Que seccións debe ter a web dunha asociación
É a estrutura que mellor funciona para unha entidade, tanto para quen vos visita como para Google. Adáptoa ao voso tamaño: unha asociación veciñal non precisa o mesmo ca unha fundación con dez proxectos.
Como fago a páxina web dunha ONG, paso a paso
Sen sorpresas: sabedes en cada momento en que punto está a web e que vén despois.
1. Falamos e reviso o que tedes
Contadesme que queredes conseguir: máis socios, máis doazóns, máis voluntariado ou máis visibilidade. Se xa tedes web, revísoa antes de vernos.
2. Envíovos a proposta por escrito
Que seccións terá a web, que inclúe, canto custa e en que prazo. Lista para levala á xunta directiva.
3. Deseño antes de construír
Ensínovos un bosquexo das páxinas principais para que vexades como será a web antes de desenvolvela.
4. Desenvolvemento e revisádela nunha ligazón de proba
Constrúo a web nunha contorna de probas e revisádela con calma, con todas as persoas que teñan que opinar.
5. Publicación e formación
Publícoa no voso dominio, ensínovos a actualizala e entrégovos os accesos. A web é da entidade.
6. Mantemento
Despois sigo ao voso carón: actualizacións, copias de seguridade e seguridade co mantemento WordPress.
Que inclúe a vosa web?
Todo o necesario para que a web funcione desde o primeiro día, sen ter que buscar a ninguén máis.
Deseño á medida
Sen modelos solidarios xenéricos: a web parécese á vosa entidade, non a todas as ONG.
Pensada para que a xestionedes vos
Novas, proxectos e documentos subídelos vos, aínda que cambie a xunta ou o voluntariado.
Accesible e rápida
Textos lexibles, bo contraste e navegación sinxela para que ninguén quede fóra, tampouco desde un móbil antigo.
En galego e en castelán
Se a vosa entidade traballa en galego, a vosa web tamén.
Dominio e hosting a nome da entidade
Encárgome de contratalos e renovalos, sempre a nome da asociación ou da fundación.
Preparada para Google Ad Grants
Google dá ás entidades sen ánimo de lucro publicidade gratuíta no seu buscador, pero esixe unha web propia e de calidade. A vosa cumprirá eses requisitos.
Prezos de webs para ONG e asociacións
Nunca deixedes de preguntar se o prezo é o problema.
Páxina sinxela
Desde 500 euros
Ideal para organizacións de todo tipo que non teñen grandes necesidades de promoción en internet e que se arranxan cunha presentación tipo tarxeta.
Web entidade
Desde 900 euros
Ideal para entidades de máis tamaño, con múltiples servizos e proxectos, que queren ter unha presenza sólida en internet.
E-commerce
Desde 1.490 euros
Para quen queirades vender na web: produtos da entidade, entradas para actividades ou cestas dunha cooperativa de consumo.
Non inclúen o dominio nin o aloxamento, que van sempre a nome da entidade. Podo xestionalos eu ou podedes facelo vos
Opinións dos meus clientes
Son todas recensións reais de Google.
Preguntas frecuentes sobre deseño web para ONG e asociacións
Contademe que queredes conseguir
Vós contadesme que queredes lograr e eu dígovos que web precisa a vosa entidade para conseguilo.
Tamén me podedes chamar ao 881 35 25 91
Prefires que te chame?






